martes, enero 24, 2006

O que me gusta e o que non me gusta


Hoxe estou enferma, levo varios días mal da garganta, e como son así de coidadosa comigo misma, fun entrenar igual. Foi un dos días nos que auga era como meter as mans no conxelador.
Como estou un pouco así vou escribir o que me gusta e o que non me gusta:

O que me gusta:

Gústame comer (son unha amante da boa mesa)
Gústame a xardinería(de feito paso as tardes do sábado fedellando no meu xardín:plantando plantas, cortando o césped...
Gústame cantar os anuncios da tele:"....I've got life, I've got my freedom, down in my heart..."
Gústame ver pelis de terror e gore e Amelie, claro.
Gústame oír historias de terror e de fenómenos paranormales(estou enganchada a cuarto milenio)
Gústame discutir(en plan sano,claro)
Gústame cenar cas miñas compañeiras de equipo(retroalimentación)
Gústanme os animais (de feito sempre acollo os que aparecen abandonados xunto á miña casa, a miña última adquisición Panchita cadela portuguesa según os vellos da zona, aínda que eu non lle pillo o acento).
Adoro os acentos e en especial o acento catalán.
Pintar
Xogar o kaiakpolo
Ir de museos por internet, cansa menos que en vivo.
ver unha peli en pixama e enrollada na miña mantita.
A cor negra en tódolos sentidos, de feito encántanme as mezclas raciais (con esto de que eu son tan blanca, e esta cor é tan antiestética, quen me dera ter un pouco máis de color).
Dido
Sade
Xogar ás cartas
Cociñar
Coller un gato no colo (dan tan bo coller)
Xogar ó voleibol (é divertido)
Xogar a calquera dos Resident Evil (aínda que sempre me perdo, porque me oriento moi mal)


Estou un pouco ghrasiosilla.

O que non me gusta
As coles de bruselas
As ostras
A merluza
Ter as orellas molladas
A xente pelota
Deixar o cepillo de dentes co resto dos da casa
Non me gustan as pelis de acción americanas
Que me dean a razón
A cor vermella
Os homes chatos (non os discrimino, simplemente nunca me atraerán)
Que me compadezan
Camela
As arañas
Limpar despois de cociñar
Os sitios claustrofóbicos onde fai moita calor (de feito son moi dada a lipotimias)
Ir a correr (cando me mandan no entrenamento siempre vou protestando)
Beber da nevera (por eso estou mal da garganta)
Que me moleste o calzado
Os e as machistas
Ter que conducir











jueves, enero 19, 2006

Blog novo



Ola despois desta larga ausencia, creei un blog novo debido a que á hora de facer o potfolios non tiña espacio no pen para meter todo o que eu quería xa que son fotos dos cadros que ocupan bastante. Probei a restarlles tamaño pero seguen sen me coller, co cal discurrín crear no portfolios un hipervínculo ó meu novo blog. É un blog temático: son os meus cadros. De momento non metín moitos, pero pouco a pouco ireinos metendo. Se a algué quere visitar a miña exposición, ollo que é gratis que se meta en :
www.martrolas2.blogspot.com