domingo, octubre 10, 2010

10 do 10 do 10

Hoxe é o 10 do 10 do 10, e ademáis estou de cumple. A verdá e que é unha data moi rara, unha combinasión un tanto máxica pa min, pero teño que reconoser que me dá un pelín de mal rollo, por eso xa desidín que hoxe non vou salir da casa. Tocará comilona con toda a family.
Non é unha entrada moi traballada pois non teño moito tempo, teño que poñer a mesa, preparar o marisquito...
Bueno que teñades un bo triplemente 10!!

jueves, agosto 05, 2010

Kieron Williamson



Fai dous anos o pai de Keith Williamson, tuvo un acsidente e tuvo que deixar de traballar como electrisista. Keith deixou de realisar actividades ó aire libre con seu fillo, e empesou a dedicarse a temas relasionados co arte no seu piso. Así foi como Kieron empesou a entretenerse cas pinturas ós 5 anos. Pai e fillo empesaron a aprender xuntos sobre arte.
Como viron que ó rapás se lle daba ben, seus pais buscaron artistas locales para que lle deran clases.

Nunha exposisión cos seus cuadros nunha galería, en catorse minutos xa se venderan todos por un valor de 16.200 libras (20.450 euros) por 16 pinturas ó pastel. Con sólo 7 anos, o neno inglés cotísase como un artista casi profesional. Hai una lista de espera de 680 compradores e os cuadros non os vende por menos de 1000 euros.

Xa vedes un ghenio, aínda que hai prensa que fala de "truco de marketing", quen sabe. Oghalá que non!

jueves, julio 29, 2010

Gone with the sea

Recordades aquel anunsio no que saían non sei cantos patos de ghoma, p'ós que non vos acordades:




Pois ben o domingo unha das miñas chanclas máis queridas desideu vivir unha aventura paresida, bueno máis ben as dúas pero unha delas non consigheu escapar, a outra si. Ahora unha debe andar á deriva quen sabe onde. Podería ser un arghumento dun conto disney, unha nova versión da Senisienta, pero esta ves sería un mariñeiro, un sireno, etc. o que encontraría a chancla e buscaría a dona desta...
Bueno, ou algho así. É a seghunda ves na miña vida que teño que marchar descalsa pa casa, pero a outra ves as desaparesidas foron dúas chanclas neghras que estaban moi noviñas e a alghén lle encheron o ollo.

Pois ben se alghén atopa unha chancla castaña moi sensilla e bonitiña á deriva ou enterrada na area, que me deixe aquí un mensaxe, prometo faserlle un ghran reghalo.
Bueno quédame este recordo dela cando aínda non abandonara á súa parexa.
Espero que a foto vos axude a identificala se a encontrades.

sábado, mayo 15, 2010

Broches + creacións varias + reciclaxe


Como xa sabedes é habitual que fagha entradas relasionadas con manualidades de todo tipo, sobre todo de fieltro.
Hoxe vou publicar outra relasinada ca creasión de cousiñas diversas, a páxina é esta:

(click here)

Aquí ademais de mostrarvos enlases a páxinas xa conosidas no mundo do fieltro como Dimes y Diretes dos que xa colguei imaxes en entradas anteriores, ides atopar enlases a páxinas realmente boas e que vos poden dar ideas tanto para as vosas clases como para as vosas horas de leser. Aquí tendes alghúns exemplos:





Estes broches están feitos do plástico das botellas dos productos que temos pola casa (deterxentes, tarrinas de alimentos...), como vedes é unha orixinal maneira de reciclar. A creadora é Karen Barbe.


Tamén encontramos como facer un collage cos papeles se regalos e bolsas de papel que solemos ghardar porque nos paresen chulos, pero nunca sabemos que faser con eles.

Pois ben aquí temos unha útil e decorativa aplicasión.
Neste exemplo a composisión fórmase a parti de cachos destes papeles seguindo un mismo patrón, neste caso unha masán. Mirade que colorista!!



Marta Espinach é especialista en plástica nunha escola pública de educación infantil e primaria de Barcelona. Nesta escolaela creou un blog Artistes a les Corts para que os pais puderan seguir máis de cerca todo o traballo que se fai na aula de plástica. Neste blog

ela mostra proxectos moi interesantes:

Este por exemplo do grabado recórdame a uns que tuvemos que faser nos en maxisterio co profesor de plástica Javier Cabo.


Outra maneira de reciclar é fasendo uns sellos a parti duns tapóns de refresco que teñamos pola casa e como fan nesta páxina the long thread.


Falando de reciclaxe mirade esta páxina: Grosgrain na que che dan ideas para reciclar, bueno máis ben reutilisar, os teus sapatos vellos, tuneándoos. Xa sabedes nada de tirar o calsado estropeado, dádelle unha seghunda vida!!

jueves, mayo 13, 2010

Alice


Tras varios intentos pa escribir, por fin a entrada de San Pimpín, non houbo maneira. Estouche un pouco seca de ideas. Teño que reconoser que o dito de "pasou o día pasou a romería" é unha realidá no meu caso.
Bueno, este ano 2010 non hai entrada.
E como xa me apetesía volver a tomar contacto, porque se eu non escribo as Pegis tampouco lle dan as teclas, pois alá imos.
Como todo o mundo sabe a nova Alice in Wonderland de Tim Burton está arrasando. Normal, a verdá que é un director peculiar e único, calquera persona pode distinguir unha peli súa, co cal xa pasa a ser (pa min) un artista.
É desir un é un artista cando aquelo que crea se distingue do resto e aínda máis cando se identifica algo con este/a sin que este/a o firme.
Bueno déixome de parrafadas, que tendes que ir a ver a peli.
A que ven todo esto? Pois como siempre a miña mente diverxente que nunca descansa, e acordeime de Alicia a raís dunhas imaxes que encontrei nos meus multiples viaxes á deriva pola rede.
Estas que tendes aquí son esas imaxes que me chamaron a atensión, versións dos clásicos de Disney e que espero que algún día o Tim Burton se decida a faser.
Se Alice fora en dibuxos animados de Tim Burton sería algo así.




Como vedes os dibuxos sonche un pouquiño gore pero son desde o meu punto de vista unha marabilla. Non me dighades que non estaría ben ver unha versión así dos edulcorados contos de Disney que siempre acaban ben, bueno menos Pocahontas, claro. E non sei por que teñen que acabar ben, se total xa lle crearon trauma ós rapases nos des primeiros minutos onde soen morrer familiares dos protaghonistas ou pasarlles calamidades varias. E non é por seren fieles os relatos orixinais, senón por que a Sirenita que acaba mal no clásico, eles fan que acabe ben??



Xa vedes que non teñen desperdisio.
Por serto o creador destas "twisted princesses" é Jeffrey Thomas.


Pero xa que falamos dos temas que ofrecen tanto o audiovisual como a literatura infantil e xuvenil, vouvos recomendar un libro que está entre os meus favoritos para tratar o tema do medo cos máis pequenos, e non tan pequenos. (Pegi recoméndoche que empeses por este: A Bruxa Regañadentes a ver se por fin conseghimos que vexas cuarto milenio sola).




Se queredes atopar máis lecturas interesantes de medo recoméndovos que visitedes a Praza das Letras, ides encontrar moitos libros pa traballar tanto na clase como nas vosas casas.
Buenooo! Xa parese que estou puestísima en literatura infantil. Pois non, é que os meus últimos meses de embaraso paseinos metendo libros no Meiga, e claro acaba unha sabendo un pouquiño máis.
Bueno, por hoxe nada máis: Colorín colorado este conto está acabado.