martes, octubre 28, 2008

Días de ghripe



Como moit@s de vós sabedes estou enferma, levo dous días sin ir traballar. Dous larghos días que me deron pa poñerme ó día en cantidá de cousas, eso si, entre kleenex e kleenex.
Bueno estas son alghunha das cousas que fixen: acabar programacións, acabar uns papeles que teño que entreghar pa un ghrupo de traballo, ver alghunha das pelis que me baixou a mula, cosiñar...
Como vedes na foto hoxe preparei unhas pechughas de polo recheas de queixo semicurado e champiñóns. Que como as fixen? Collede papel e lapis:
primeiro preparei na sartén os champiñóns (laminados) con cebola un pouco de aceite, sal e un chorro dun líquido indonesio que me enviou miña nai (de Holanda) que sabe como dulse, é este da foto:
Despois fixen uns rolos cas pechughas fileteadas, metinlles unha loncha de queixo (semicurado cabuxa, ovella e vaca) e ensima os champiñóns, unha ves que estuveron un pouco fríos.
Finalmente, pa pechalas, metinlle uns palillos que lle imos quitar ó acabar de fretir.
Despois empanamos as pechughas con ovo e pan raiado, fretimos e listo.
Con que acompañalas? Pois co que queirades arrós, patacas fritas...

Onte pola tarde vin esta peli que está moi ben, e si vos recomendo, porque non vos vai faser sentir mal, é máis vaivos axudar a non vos sentir tan raros ós que vos encantan os peluches, muñecas, etc. , a aqueles que lle tendes cariño a unha simple cousa de tela ou de plástico, e xa tendes unha edá. (pensade hai moitos e viven entre nós , pelusín, o carateca...).

Aquí tendes de que vai , titúlase Lars and the real girl:



Bueno esto foi un pequeno resumen dos meus dous días entre pastillas e xarabe.

sábado, octubre 25, 2008

Tess of the D'Urbervilles

Hoxe escribo para recomendar que non vexades esta peli. Pa min foi terrorífica, dolorosisima, sangrante...
Por que?? Pois porque esperaba ver a típica novelita inglesa que tanto me ghusta e atopeime cunha peli en dúas partes que me deixou feita un trapo.
De que vai?? Pois da vida desta Tess, que as pasa "putas", é tal a anghustia que me fixo sentir e a pena que nin miña irmán vendo Big Foot. Bueno xa sabedes non a vexades senón queredes quedar sumid@s na máis absoluta .....
Tendes aquí un pequeno fragmento, pero nada que ver con toda a peli.
Creo que vai pasar a estar entre as miñas Drama Period favoritas.
Onde conseghila? Pois na mula como siempre, en inglés, claro. Aínda que non a entendades moito o arghumento e o que lle pasa falan por si solos.
Bueno a obra pertenese a Thomas Hardy, increíble que fora escrita por un home!
Sería unha desas pelis para comentar, así que si a vedes por favor comentademe que vos pareseu.


miércoles, octubre 22, 2008

A recortar!!


Como María me comentou hai algunhas semanas que lle encantan os paper models pa nenos, e p'os non tan nenos, decidín colgar algúns máis. Aquí tes algúns. So tes que pinchar sobre as imaxes e ala!, a recortar e a pegar con esa sobriña túa á que lle gustan tanto as manualidades.

A tortugha e estes outros pódelos atopar en Paper Box World.


Os meus nenos máis eu estamos preparando estes morcegos para o Halloween, a que son chulos?? E son moi simpliños de faser!!

domingo, octubre 19, 2008

A Pedra do Home


Esta entrada tería que ter xa sido publicada hai un par de semanas pero entre pitos e flautas, e o traballo aínda chegha ahora.
Bueno, pois aquí tendes alghunhas das fotos que fixen co meu supermóbil (por eso son de tan alta definisión) da chamada "Pedra do Home" en Portomouro (Val do Dubra), ou como lle chaman os lugareños "Pedra dos Mouros".
Un enterramento??? da etapa dos suevos (século V despois de Cristo) na que se poden ver na pedra a silueta dun home e a de un neno (0u polo tamaño eso é o que se pensa).
Estas atópanse nun alto dunha aldeiña pequena, ó pé dun pino manso, deses que tanto me ghustan a min.
Polo visto había máis tumbas antropomórficas no lugar pero foron destruidas mentras se facían unhas voladuras na zona.
Se queredes ler un pouquiño máis sobre o tema que foi o que fixen eu cando cheguei á casa facede click aquí: ler máis.