martes, marzo 28, 2006

Jim Henson


Este é un pequeno homenaxe a un creador que forma parte da infancia de todos. Jim Henson foi creador de numerosos personaxes que foron ocupando as nosas pantallas ó longo dos anos.
Entre eles podemos destacar a toda a tropa de Barrio Sésamo: Epi e Blas, o monstruo das galletas, Coco...; os muppets; os fraggels; os dinosaurios emitidos non hai tantos anos; pero un dos meus favoritos e que non todo o mundo recorda: el cuentacuentos, aquel home sentado nun sofá ó lado da chimenea co seu can que nos relataba historias con personaxes moi especiais, desde clásicos ata mitolóxicos.
Estou segura que casi ninguén coñece a Henson, pero seguro que a maioría ten gratos recordos dos seus personaxes.
Vou tratar de baixar algo do cuentacuentos, que tanto nos gusta a Rita e a min para recordar e poñerme un pouco melancólica.

miércoles, marzo 22, 2006

Asturies


Esta semana estuven un pouco liada baixando pelis de Wallace e Gromit en inglés p'os nenos, por eso estuven tan desaparecida.
O fin de semana anterior fómonos a Asturies: Peggi, Cris, Angui e máis eu. Visitamos: os Picos de Europa, Cudillero, Luarca...
O que máis me impresionou foi que ahora estas no mar ahora na montaña... Encantoume o cementerio de Luarca onde fixemos unhas fotos un tanto macabrillas, que asustaron moito a Peggi, pensou que nos ibamos a traer un quinto viaxeiro pa casa, e ó millor si!
Colgo esta das tres "gracias mirando ó mar", que sepades que estiven tentada en colgar a das cenizas.

lunes, marzo 13, 2006

Unha das miñas páxinas favoritas




Ola a tod@s.
Hoxe vou tocar outros temas que non sexan kaiak nin pintura, que xa resulto monotemática.
Como che dixen Alex, hai un recuncho en internés onde me gusta ir, como boa seguidora dos debuxos da BBC:

http://www.bbc.co.uk/cbeebies/

Esta páxina está ligada ós debuxos que ven os nenos en uk e para min é moi útil, temos: -xogos para os nenos
-contos interactivos, con imaxes...
-manualidades variadas
-coloreables
Pinchades nas imaxes dos debuxos, que corresponden as diferentes series e entrades en cada unha das páxinas, algunhas non tran moita cousa pero outras si: está moi ben a dos Story Makers.
Visitádea e comentádeme que tal.

viernes, marzo 10, 2006

Flores


Aí vai outro de flores, que pintei nun ratiño que tiven esta semana. Non esperedes marabillas, é simple e de pincelada rápida, dos de acabar rápido que me estreso!! Obsérvese predominio da cor azul prusia sobre tonos amarelos.

martes, marzo 07, 2006

Teño internet




Por fin teño acceso a internet na casa. Ata agora as miñas visitas eran bastante esporádicas, pero como ahora xa o vou ter na casa, prometo esribir máis. Hoxe vou subir algunhas matruscas. Por que? Porque me encantan. Sempre quixen ter unha, o meu mozo recorreu medio Santiago intentando conseguirme unhas pero non o consigueu, pero finalmente o ano pasado en Amsterdam, no día da reina( que ahora conto o que é) conseguín dúas.
As que colgo aquí non son as miñas, pero son claros exemplos do bonitas que son.
O que son as casualidades, o ano pasado tiven lingua e literatura galega e nesta última tiven que facer un traballo sobre un libro titulado Babaiaga (que vos recomendo) e investigando sobre o libro relacionábase este coas matruscas rusas. Bueno Babaiaga é unha bruxa que pertence á tradición eslava ou rusa, e que é o noso equivalente ó home do saco, ese que ven polos picariños...
Non me enrollo disfrutádeas tanto coma eu as disfruto.

viernes, marzo 03, 2006

A noticia


Por fin conseguín a páxina do xornal na que saimos. Vaise ver un pouco pequena quen a queira ver con detalle que visite a hemeroteca do Diario de Pontevedra do día 21 de febreiro, páxina 49.