domingo, septiembre 23, 2012

Cartoons


Como moitos sabedes dedícome a dar clases de inglés nunha escola non moi lonxe de Santiago. Pois ben, casi nunca subo cousas relacionadas co meu traballo senón máis ben cos meus pasatempos favoritos.
Hoxe decidinme a subir algún vídeo de series para nenos en inglés, normalmente estas suelo subilas no outro blog:
 www.martinasworld.blogspot.com
pero como ultimamente suelo crear as entradas alí por temáticas, según o que esteamos dando...
Pois optei por subir aquí algúns deles pa non perdelos e cando veña a conto subilos no outro lado.
Veña a practicar inglés e a disfrutar dos mundos máxicos dos dibuxos animados.
 

Este último de Raa Raa é un dos meus favoritos.


martes, septiembre 18, 2012

Os impresionistas ukranianos


Mirando algunhas páxinas sobre plein air painters, atopei algúns que despertaron o meu interés. O primeiro que vos presento e Andriy Yalanskyi é está considerado como o Monet ukraniano. Atopeino nunha galería British que se chama Danusha.


Outro gran pintor que tamén podemos apresiar nesta galería é Panas Tytenko, que  a min personalmente me chifla. Aquí tendes algúns cadros del.





Recórdanos un pouco cas súas bailarinas a Degas, non?

Olena Yakovenko tamén forma parte deste grupo de pintores impresionistas, presenta tamén unha temática similar ós anteriores.





Oksana Tytenko segue na mesma liña e pintou cadros coma estes, como vedes  a presencia das bailarinas é un tema recurrente nestes pintores.