miércoles, julio 19, 2006

Viaxando pola música - EPISODIO II

Neste segunda viaxe voamos á India. Alí atopamos unha canción pegadiza titulada CHUNARI CHUNARI, que significa a miña bufanda vermella.
O cantante recordanos o título ó longo de todo o vídeo...
É unha das cancións que aparecen na película creada en Bollywood: La boda del Monzón.
Pertence á denominada hindi music e os cantantes son: ABHIJEET, ANURADHA SRIRAM & CHORUS .
Tanto o vídeo como a canción non teñen desperdicio, xa me comentaredes se vos gustou.




Chunari on YouTube

martes, julio 18, 2006

Viaxando pola música - Episodio I

Neste primeiro episodio ímonos a Brazil onde atopamos a Arnaldo Antunes, Marisa Monte ( que ten unha voz que mata) e Carlinhos Brown: os TRIBALISTAS.
Esta é unha das miñas cancións favoritas, desas que adoito poñer nos "Martrolas very best", a primeira vez que a oín foi facendo un curso de informática (PowerPoint) en Filoloxía, faltábanme créditos e completeinos con tropecientos cursos.


Ja sei namorar on YouTube

lunes, julio 10, 2006

Outro meme


Pois ben aí van as miñas respostas para a invitación de Mariña:
- 10 anos atrás...salir, festas no piso, salir, algún que outro ligue, salir, latar a clase,etc.
.- 5 anos atrás...centrarme un pouco: ir a clases de pintura, ir a entrenar, ir a competir, pintar, estudiar un pouco...
.- 1 ano atrás...traballar, pintar, entrenar, competir...
.- Onte...praia con Rita e Angueira, tomar o sol, nadar, coller mexillóns e ameixas de furtiva, cenar os mexillóns que estaban boísimos!!!
Mañá...traballar, facer a comida, ver Friends, pintar, ver tele ou peli baixada de internet e a durmir, se non hai accidentes, defuncións... que cambien este día tan rutinario.
.- Snacks...JUMPERS son tola por eles
.-Cinco bandas e/ou artistas... Sade, Dido, Bryan Adams, Dover, Ottis Reding, Moloko, Cramberries ,creo que xa me pasei.
- Cousas que faría con 100.000.000 €: eu tolear non, creo e non me equivoco que o iba pensar moito, invertiría non sei aínda en que, donaría unha suma bastante importante a desenrolo no terceiro mundo, e aquí entre nós que tamén hai moita necesidade, faríame un bo plan de pensións, compraríame un par de cuadros ós que lle teño ganas, donaría a algunha protectora de animais... (ocórrenseme tantas cousas, eso sí nada de Caribe, coches, xoias ou trapalladas)
- Cinco lugares aos que me gustaría ir...contan lugares espaciais ou temporales tamén? Se contan temporales: futuro e pasado: Idade Media, Prehistoria, Exipto, Roma...
Espaciais tempo actual: Australia, China, Nova Zelanda, Grecia e a miña querida Rusia.
- Cinco malos hábitos que teño...
1. Tirar ó poste, teño unha probabilidade altísima.
2. Interrumpir ou cambiar o tema cando alguén fala.
3. Ser moi desordenada.
4. Usar moitos tacos, especialmente coño.
5. Deixar para mañan o que no teño por que facer hoxe: estudiar, traballos...
Non ter o cepillo de dentes co resto dos da casa, é antihixiénico alí todas as bacterias de todas as bocas en contacto...

.- Cinco cousas que me gusta facer...
1. Pintar.
2. Xogar ó Kaiak polo.
3. Ver pelis de terror.
4. Preparar o xardín, atender o meu viveiro, plantar, podar...
5. Ir de viaxe co Umia, esas charlas tan trascendentales que temos de camiño unen moito.
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... tanga (incomodísima), armas de fogo, vestido novia, drogas duras, violencia.
- Cinco programas de TV que me gustan...cuarto milenio, mujeres desesperadas, CSI, expediente X, House
- Cinco películas que me gustan. Psicosis, Amelie, The Ring, La vida es bella,
- Cinco persoas que me gustaría coñecer... Indurain, Ralph Fienes, ós meus tataranetos, Klimt, Mucha, Castelao... E á doble boa de Mariña, e que sempre tiven fixación cos xemelos é un tema que me obsesiona.
- As cinco cousas que máis disfruto.
1. As cenas coas compañeiras de equipo.
2. Unha boa comida (empanada de miña nai ou calquera otra delicatesen desas que ela tan ben fai).
3. Unha boa canción ( e que son melómana: canto na ducha, mentras como, os anuncios da tele, etc.
4. Unha boa broma feita por min, algunha desas trolas (Mar - trolas) que ni dios cre e que consigo que a crean (María del Monte en Eurovisión...)
5. Un bo gol deses bombeados ou moi esquinados que salen de vez en cando.
- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequena:
1. A miña caperucita.
2. Pelota volei, pelota brilé...
3. A bicicleta.
4.Raquetas
5. Tellas da sorte da mariola, que gardaba no queixón da mesilla de noite como ouro en paño e que sempre mas tiraba miña nai.
E todos aqueles xoguetes máis de tendencia masculina: pistolas, metralletas con luces, coche teledirixido, tren eléctrico... que noso bisavó nos compraba porque el quería netos non netas e pa compensar...
Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo...
Alex xa está collida?
E que a xente que me le: compañeiras equipo, Rita, Angueira...Non teñen blog con lo cual son meros receptores pasivos que non o van facer.

jueves, julio 06, 2006

Moloko



Non comentei nada na entrada anterior dos resultados de liga española en Ferrol de hai dous fins de semana, pois estou pendente de que me pasen fotos para colgar.
Pois quedamos terceiras outra vez, viñemos con trofeo nós e os pequerrechiños, que xa non son tan pequenos (algún xa fixo selectivo este ano). Eles quedaron segundos, un resultado boísimo, e que dá gusto velos xogar!
O vídeo que vos colgo aquí e que tamén ides ter na barra da dereita en Vídeos é unha canción que me encanta dun grupo que non coñece todo o mundo e que se chama Moloko, o vídeo titúlase ´The time is now .
Alex xa me comentaras se che gusta, seguro que ti os controlas, non?

¿Quen son MOLOKO? Reposta: Roisin Murphy e Mark Byrdon. Moloko é unha referencia á bebida que se bebía no Karova Milk Bar de La Naranja Mecánica. Conocéronse en Shefield. Roisin, irlandesa, non cantara nunca antes en ninguna banda. Nunha festa acercouse a Byrdon (productor, arreglista e remezclador en alza) e fíxolle a pregunta que o empezaría todo: Do you like my tight sweater? A Mark non só lle gustou o xersei, senón que o inspirou para un tema que se convertiría no título do seu primeiro álbum.

Teño que reconocer, para que no digas despois, que os descubrín gracias a Angueira.