miércoles, febrero 22, 2006

Prensa sobre o equipo


Onte no Diario de Pontevedra saíu un reportaxe a doble páxina sobre o Umia. Aínda non o puiden ver, espero podelo baixar na edición dixital que supoño que estará dispoñible para a semana na hemeroteca deste xornal. Polo visto un reportaxe moi completo con cantidade de fotos se o consigo prometo colgalo aquí. Que ilusión fai!! Ahora que xa temos o anuario deportivo completo, van e quitan un reportaxe a todo lo grande puderon quitalo antes e así incluíamolo, pero bueno, no próximo.

lunes, febrero 13, 2006

Acábase


Xa se acaba Novas Tecnoloxías. O venres tiven serios problemas para enviar o portfolios, e como traballo pola tarde ata eso das oito ou nove non puden enviala. Nun primeiro momento non se vía, despois dun segundo envío había imaxes que non me deixaba ver . Finalmente tuven que hoxe volver a enviala e aínda así para ver o álbum de fotos hai que facer click sobre as letras non sobre a foto. Non sei se estaba permitido aínda modificalo hoxe pero con esto de que o fin de semana estou casi incomunicada no referente ás novas tecnoloxías, con decir que nin cobertura teño.
Bueno, creo que vou estrañar non facer máis proxectos, pero hai que asumilo todo ten un principio e todo ten un fin, ahora a esperar as notas, a ver se son positivas???