martes, diciembre 27, 2011

Insomnio con Warmhotchocolate



Hoxe despertei as 6 da mañán, e como o sono non me volvía, desidín baixar, comer algho e sentarme a mirar un rato o que atopaba pola rede. Bueno, minto, prinsipalmente senteime porque estaba intentando subir un vídeo a youtube do cole, e como me está dando a lata e tras 3 intentos, desistín. E foi cando finalmente me puxen a pasar o rato, mentres intentaba un cuarto intento.
Bueno, que encontrei hoxe?:
Warmhotchocolate (que é o que a min me viría de perlas ahora pa durmir).
Neste blog podemos atopar grandes ideas pa faser cousas en papel, actividades pa nenos, decoración... Aquí tendes algunhas mostras.



Este foi o proxecto de nadal que fixen este ano cos meus alumnos, solo que en ves de meter figuriñas xa feitas de plástico, os nen@s fixeron con FIMO os seus árboles e cada un decorouno como quixo, forneámolos, pegámolos nos botes que eles/elas trouxeron da casa , metémoslle brillantina e listo,

Estes foron os nosos:





O millor, pa min, deste blog, é que a creadora nos abre as portas da súa casa e da súa familia, compartindo a súa intimidade a través dunhas fotos bonitísimas.


Mirade a marabilla de festa que lle preparou á súa filla pequena cando cumpleu 2 anos, unha super festa coidada hasta o mínimo detalle basada na serie de dibuxos animados Charlie & Lola.

En definitiva unha artista e unha supermamá!!

sábado, diciembre 24, 2011

Decorando paredes


Ante a falta de tempo pa faser todas esas cousas que a unha lle ghustan, pero que non van poder ser, aquí teño alghunhas ideas para decorar novos espacios. Atopeinas en Etsy, páxina da que xa falei en innumerables entradas deste blog. A maior parte das cousas que se propoñen aquí para customizar as paredes son a base de pegatinas, pero tamén se poderían facer con pintura. Con lo cual Priti, non teño tempo casi pa faser cousas que teño pendientes: empapelar o armario do cuarto, acabar vidrieira da parta da sala, pintar varios cadros que teño prometidos, preparar uns cds de fotos e vídeo que teño tamén en standby...
En definitiva como eu non vou poder facer o que me pediches, douche ideas rápidas, e moi simples pa decorar. Algúns motivos:


Estes d'abaixo son moi chulos pois podemos poñer neses cadrados fotos ou dibuxos dos nenos. O que queda bastante orixinal, non?

Kast van een Huis



Xa fai algún tempo atopei por internet, como siempre, unha páxina que me marabillou!!! Nela atopei uns armarios, estes que vedes aquí con forma de casas holandesas. Pois ben, seguramente acabarei pedindo algún que outro, pero eso si, cando teña onde poñelos. Non me digades que non son chulísimos. Aquí tendes algunhas combinacións.

Tamén fan camas, pero a min personalmente xa non me ghustan tanto.

Onde se poden comprar, pois ben todo depende do voso país, en España a casa que os leva é esta de Barcelona.

Spain:
Nobodinoz distribution, Barcelona
info@nobodinoz.com
www.nobodinoz.com

domingo, noviembre 20, 2011

Drawings


Hoxe Bárbara despertou super sedo, o que nun primeiro momento me sentou bastante mal, pero despois me veu de perlas pa dedicarlle algo de tempo ós meus pasatempos. Cal foi o elexido de hoxe? Pois empesei a voltas cunha caixa de madeira que estou forrando, que posiblemente vos enseñarei, aquí, en breve, e despois dediqueime a dibuxar un pouco, pa finalmente acabar pintando.
Aquí tendes os dibuxos do día.

martes, noviembre 01, 2011

Ninguén me visita!!???


Po que? No lu se! Pero xa ninguén me visita. Será que facebook nos rouba día a día un pouquiño máis de vida noutros paraxes como estes dos blogs? No lu se!
O que si sei e que levo sin recibir visitas moitííísimo tempo. E os que entran por casualidá non deixan mensaxe, con lo cual, estamos nun punto de soledá estrema.
Hasta @s seguidor@s máis fieles non pasan nin un ratiño a saludar.
 Volverán las oscuras golondrinas
en tu balcón sus nidos a colgar,
y, otra vez, con el ala a sus cristales
jugando llamarán;

O resto da poesía xa non se me presta tanto con lo cual deixoo neste cachiño.
Bueno, nada máis por hoxe, toca paseo
e a desconectar un pouquiño.
A ilustración d'arriba pertenese a Dani Torrent e titúlase Chasing Swallows

Esta última ilustración pertenese a un clásico de Andersen (A sirenita)
versionado de forma macabra por Torrent. Se queredes ver máis visitade
o seu blog personal.