lunes, julio 20, 2009

Michael Jackson Paper Toy



Como xa sabedes entre os temas das miñas entradas están os das creasións en papel. Pois ben hoxe atopei un modelo que non sei se bonito, pero si, moi orixinal! A persona que se lle ocurreu ten unha mente das que eu digho que nunca descansan.


Como vedes hai un muñeco de papel pa cada estadío da súa metamorfosis.



Este é o que me refería non me dighades que non é bo?!


Incluso pode ter unha doble funsión, adornar ou servirnos de pastillero.
Se queredes faselos tendes os modelos AQUÍ.

sábado, julio 18, 2009

Bear in the Big Blue House

Estes días ando polo emule descargando cousiñas en inglés p'o curso que ven, películas, dibuxos animados. Moitas cousas que atopo como non sei se están ben ou mal p'as clases pois desido mirar no YouTube de que van. E atopeime este Bear in the Big Blue House, que casualmente aparese en moghollón de idiomas mirade e veredes.
Chanson The Tibère et Luna


En holandés



Finnish


Versión portuguesa


En italiano


In English


En castelán


En danés



Recoméndovos que as escoitedes, son chulas en cada unha das linguas, estrañoume na atopar en catalán que sempre teñen todos os dibuxos animados cantos hai, por que será?

martes, julio 14, 2009

Artistas do papel maché


Como xa vimos en anteriores entradas sobre estes artesáns do papel maché hai verdadeiras marabillas que poden salir de catro periódicos vellos, algho de cola e pintura.
Aquí tendes alghunhas creasións.














Pa aquelas que sodes mestras coma min e que hai veses que non sabedes que faser cos alumnos en plástica ou outras materias aquí tendes ideas para posibles proxectos, ou mismo pa cando queremos que leven alghún reghaliño feito por eles p'a casa. (Estes primeiros que vedes son marcapáxinas, a que son orixinales?!).





A quen debo destacar é a esta chica Chilena, que se denomina en flickr como Choicita. Estas son alghunhas das súas obras de arte, como podedes ver diseña desde xoias a elementos decorativos, con colores moi vistosos.



Ala Cris, a ver que nos fas, así non te aburres tanto ca Tuca en Lugho.