lunes, junio 25, 2007

Semana negra

A semana pasada foi unha semana negra pó Umia. Nunca nos imaxinamos que podían chegar días tan malos pó equipo, unha ves superados os problemas co concello, sobrevivir nun contenedor de obra en vez de club náutico e pagar cifras desorbitadas de alquiler de furgonetas pa mover ós tres equipos, o Umia baixou a segunda.
Na páxina de Canoepolo xa se fala da morte dun equipo, que triste, esperemos que non sexa así.
Era sabido que esa semana ía ser negra: a parte do descenso do náutico, o Celta baixou (síntoo Cris) o Barsa non pudo ganar e o que foi peor morreu o ídolo do Umia.
O que é o destino o equipo baixa e o Fari morre.
(Que ninguén pense que é unha entrada tipo cachondeo porque esta vez o meu humor negro queda a un lado).
Sinto tremendamente todos estes feitos e creo cada vez máis nas casualidades. Que ironía! Tantos quilómentros de viaxes acompañados polo noso querido Fari, e finalmente caen os dous xuntos.

Aquí acaba unha das entradas máis negras deste blog, dedicada a un Umia que esperamos se convirta en Fénix e resurxa das súas cenizas, con respecto ás do Fari seguirán vivas na nosa memoria.

Deixovos con esta canción que seguro que vos recorda o noso viaxe a Málaga.

miércoles, junio 06, 2007

Tribute to Ralph Fiennes


Como vedes estou publicando ás tantas, é desir vai ser unha entrada froito do insomnio e do agobio de todo o que teño que faser. Como Cris o outro día nos deleitou cos gustos das persoas máis cercanas a ela, e entre elas estaba eu con Ralph Fiennes pretendo faser entender por que representa o meu icono, xunto con Pilar Rubio claro. Como a foto elixida por Cris desmerese o atractivo deste actor aquí vos mostro o mellor del.

Imos empesar cun breve percorrido polas pelis cas que el tan ben nos soubo cautivar, ata o punto de enamorarnos cos villanos atormentados que el representaba.
Recordemos a lista de Schindler por exemplo




Aquí temos o vídeo composto por fotos preparado por algunha maníaca desas, ou maníaco, pero que nos ven de perlas para observar a este superhome desde diferents ángulos.



Aquí vemos o resumen de Wuthering Heights que pa min é un peliculón, no que el e Juliette Binoche se salen. É unha das miñas historias de amor favoritas xunto con Frankie e Jonnie onde tamén está outro dos meus iconos Michelle Pfeiffer xunto a Pacino





Como iba a faltar O paciente inglés.





Espero que este breve percorrido polas pelis máis salientables del non vos aburrira ou polo menos que vos axude a saber que alquilar a próxima ves que vaiades ó videoclub.


E como sabedes encántame dedicar cancións pois acabo o reportaxe con esta estupenda canción dedicada a Ralph Fiennes e a vos claro.


Gianna Nannini