jueves, septiembre 27, 2007

North and South

Sigo enganchada as novelitas inglesas, esta ves North and South, unha marabilla de serie feita para a tele que se emiteu no Reino Unido, dividida en 4 partes. Como siempre unhas paisaxes inmellorables e uns actores cautivadores. Recoméndovola. Tendes aquí un pequeno resumen desta, amenizado por Dido unha das miñas voces femeninas favoritas, xunto con Sade.

Se podedes descargádea, sempre e cando vos guste este xénero claro, non ten desperdicio!
Xa sei que polo título a moitos veuvos á mente o tan famoso "Norte y Sur" que emitiron hai uns cantos anos, pois esta non ten nada nada que ver.

Se queredes oíla sen interferencias da música que acompaña normalmente a este blog, baixade ó final da páxina e parade alí a reproducción do mesmo.

jueves, septiembre 20, 2007

Pride and Prejudice

A que dedico estes días? Pois a pasar a DVD os numerosos episodios de Postman Pat, Charlie and Lola... Gracias a fantástica páxina de softonic conseguín baixar un conversor de diferentes formatos a DVD, o que me axuda a convertir todos eses archivos de vídeo en inmortales DVDs.
Esto das novas tecnoloxías está ghenial!!!
A parte desto estou baixando todo o ciclo da BBC de Jane Austen: Northanger Abbey, Mansfield Park, Persuasion... Desde que vin Orgullo e Prexuicio decidín baixalas todas, moitas delas por episodios.
E mira ti que casualidá, que creo (ó millor equivócome) que unha profesora miña de filoloxía do departamento de inglés as está baixando tamén. Pois nunha das fontes do emule aparece unha tal Fra que me dá moito que pensar, ti que cres Alex??

A parte de ser novelitas sentimentales, con dialogos do máis enrevesado, as pelis teñen unha fotografía alucinante.

Deixovos ca escena clave de Orgullo e Prexuicio, se aínda non a vistes recoméndovola.
Douvos a oportunidade de oílos tamén en versión orixinal.




jueves, septiembre 13, 2007

Daymare Town



Este foi o segundo xogo que completei, bueno completamos entre Angueira máis eu.
Enganchounos tanto que estuvemos unhas cantas horas. É boísimo!!
Ollo! Leva máis tempo que o outro pero ten unhas imaxes e escenarios para min moito máis bonitas.
O obxectivo está en escapar desta cidade.

Unha pista: tendes que ver todos os paxarracos que veñen a ser unhas figuras un tanto raras, creo que son 10, xa non recordo fixémolo antes do verán.
Outra axudiña, recorrede sempre cada un dos escenarios co rato, as veces hai cousas que un se perde.
Paciencia, e Cris pa este tamén usa o teu equipo de asesores, pois se o da casiña che resultou difícil con este podes tolear.

lunes, septiembre 03, 2007

Xa volvo




















P.D. - Os que necesitades pistas sobre o xogo desídemo,
só tendes que desirme as pezas que tedes e eu díghovos
que ir fasendo, non quero que ninguén se traumatise
co xoghiño.
Recoméndovos ós que non o intentastes que o intentedes
síntese un moi realisado cando o consighe!