domingo, diciembre 30, 2012

Karen Appleton


Chegha a fiebre dos reghalos, das compras desesperadas de última hora, de romperse a cabesa con que lle vou reghalar a ...
Se hai unha pintora que sexa espesialista en reghalos esa é Karen Appleton. Esta artista pinta como ninguén estes paquetes carghados de tanto misterio, bueno casi siempre, en moitos casos xa sabemos que é o que se esconde detrás de tan atractivo envoltorio.








domingo, diciembre 23, 2012

British Blogs


De ves en cando Angueira aporta algunha que outra cousiña a este blog. Estas fotos que vos vou ir mostrando e que vou ir relacionando con diferentes blogs  do Reino Unido, atopeinas vía An.
As primeiras que subo son de un blog denominado Uphilldowndale. 
 Podería subir miles de fotos deste blog porque a verdá é super variado.










E a través deste primeiro chegamos a este outro. Estas fotos centradas especialmente en xardíns pertencen a Karen Hall, se queredes ver máis sobre esta fotógrafa facede click no seu nombre.




viernes, diciembre 21, 2012

Nick Sharrat


Paseando por Amazon atopei un libro que me ten boa pinta e seguramente pedirei en breve, tan pronto pasemos esta crise navideña. O libro do que vos falo é What's in the Witch's Kitchen?




Nick Sharrat conta cunha amplia selección de publicacións dirixidas ós nenos como por exemplo





Entre outra posible adquisición del, pola miña parte, está un libro no que os nenos participan dunha maneira moi activa adiviñando que se esconden detrás das siluetas deste bosque no que non se pode ver nada por culpa da niebla.
Teño que recoñecer que non son unha gran lectora de literatura para adultos, pero se analizo os libros que me leo a diario ou máis ben lle leo a Bárbara antes de durmir podemos decir que son unha lectora diaria. Increíble, nunca caera na conta!


domingo, noviembre 25, 2012

Winter Wonderland


Un ilustrador, diseñador gráfico, irlandés, con un estilo realmente moi propio e peculiar: Steve Simpson. Aquí tendes algúns exemplos das cousas que fai, este Winter Wonderland que puxen de ilustración de entrada quedou prata en "the Association of Illustrators (AOI) Images36 Best of British Illustration Awards".

Estes d'abaixo son algúns dos productos (etiquetados, etc.) que el diseñou. Boísimos non credes? mirade os códigos de barras.

Yogur.


 E tamén ilustrou algún que outro conto:


E no referente á ilustración para nenos tamén diseñou algún que outro poster en irlandés para o Daily Mail deste país.



Russian Painters


O primeiro ruso que vos propoño e que captou a miña atensión foi Victor Nizovtsev, fantasy painter, que a min me rocorda a Klimt ou ós pre-rafaelitas, vede e xuzgade por vos mesm@s.



Aínda que tamén ten imaxes como estas que nos recordan ás imaxes de libros de soños...



Azat Galimov é un impresionista ruso do que eu destacaría a luz dos seus cadros. Personalmente chíflanme as rosas e algunha que outra escena de San Petersburgo.