jueves, diciembre 26, 2013

Gelukkig Nieuwjaar


Antes de comensar o novo ano, que esperemos, sexa un pelín mellor que este sigo enganchada a Pinterest. Se queredes ver en que perdo o tempo ultimamente solo tendes que entrar e buscar os meus tableiros, pins... Sobre cousas para a escola, decoración, pintura...
Pois ben, esta entrada aparece a partir dun pintor holandés que acabo de atopar en pinterest, e que debe ser boísimo. Eso si peculiar onde os haxa, como digo sempre un artista dos que reconoses unha obra tan pronto a ves. Pero antes de deixarvos con algún dos seus cadros desirvos que a través deste cheguei a unha páxina, e a outra, e a outra, e a outra ... E aquí tendes algunhas das imaxes que pineei.
A primeira é unha caixa de galletas Verkade que casualmente ten miña nai na casa, as seguintes van descritas a pé de foto.


Olliebollen, típicos por estas fechas, e que tiven a sorte de comer o domingo en casa de miña nai. Son unha especie de bolas de masa frita que poden levar mazá ou uvas pasas e que se fan cunha foriña especial que solo se comercializa en holanda por estas fechas, e non sei se tamén en pascua?
Eso si enganchan, son inimitables.


Estes leváronme a  acordarme dos Poffertjies, que son como unhas micro filloas que algunha vez temos comprado no mercado que levan azúcar glass porriba e un cacho de mantequilla que se vai derretindo encima deles.



FEBO é unha cadena moi útil en holanda para matar a fame de maneira rápida e económica, metes a monediña e unha croqueta, burguer...
Bueno, nada máis por hoxe que reclaman a miña atención!!

O pintor chámase Tjalf  Sparnaay e como vedes a súa pintura encádrase dentro de hiperrealismo.Estas son algunhas das súas obras:




martes, agosto 27, 2013

Angelo Franco


Un dos meus últimos descubrimentos, no que a pintura se refire, é Anelo Franco un pintor realmente peculiar, cun estilo moi propio. Alghén me dixo unha ves un é artista cando unha persona é capás de identificar un cadro pintado por el/ela sin que este estea firmado. E creo que está no certo. Os cadros del son inconfundibles.
Naceu en Ecuador aínda que con 19 anos foise a vivir ós Estados Unidos onde estudiou dibuxo e pintura.
Bueno non me lío deleitádevos cas súas obras.







viernes, agosto 23, 2013

Pajarito de mimbre


Hoxe romexendo (como nós desimos) en Pinterest, atopei unha tenda, que creo que é chilena, de cousas realmente chulas.
Fan ilustración sobre tela, libros pa nenos, xoguetes...
Invítovos a que a vexades ten cousas que dan ganas de comprar a min por exemplo cautivoume co seu libro Caminito a casa, que vou pedir.
Solo tendes que buscala en Pinterest, Google...
Douvos enlace á súa páxina:
















miércoles, agosto 07, 2013

Tilt-Shift

Hoxe imos falar dun efecto que se lle pode dar as fotos que se conose como tilt shift e que consiste en difuminar parte da foto e resaltar unha parte concreta que nos interesa. Este efecto fai que as fotos paresan pequenas maquetas, a xente parece muñecos, os edificios maquetas...
Hai unha páxina na que o podedes facer non de xeito tan preciso como fai a xente que entende de fotografía, pero buscando unha foto axeitada dá o pego. Eu recoméndovos paisaxes nos que haxa algún elemento aillado en algunha franxa, sin que sexa o primeiro plano da foto.
Aquí tendes exemplos que quitei da páxina. A que vos puxen arriba é miña, foto que fixemos da nosa viaxe a Inglaterra, ou LindaTerra como lle chama Bárbara. Estas outras son do programa de TILT-SHIFT MAKER.






Esto recórdame á miña visita xa hai alghúns anos a Madurodam en Holanda, onde podes pasear entre os edificios máis importantes pois están feitos a escala reducida. No que nunca estiven é no Portugal dos Pequenitos, que é algo polo estilo, en Coimbra.
Bueno cito fuentes do Tilt-Shift: Angueira.

Madurodam