jueves, diciembre 26, 2013

Gelukkig Nieuwjaar


Antes de comensar o novo ano, que esperemos, sexa un pelín mellor que este sigo enganchada a Pinterest. Se queredes ver en que perdo o tempo ultimamente solo tendes que entrar e buscar os meus tableiros, pins... Sobre cousas para a escola, decoración, pintura...
Pois ben, esta entrada aparece a partir dun pintor holandés que acabo de atopar en pinterest, e que debe ser boísimo. Eso si peculiar onde os haxa, como digo sempre un artista dos que reconoses unha obra tan pronto a ves. Pero antes de deixarvos con algún dos seus cadros desirvos que a través deste cheguei a unha páxina, e a outra, e a outra, e a outra ... E aquí tendes algunhas das imaxes que pineei.
A primeira é unha caixa de galletas Verkade que casualmente ten miña nai na casa, as seguintes van descritas a pé de foto.


Olliebollen, típicos por estas fechas, e que tiven a sorte de comer o domingo en casa de miña nai. Son unha especie de bolas de masa frita que poden levar mazá ou uvas pasas e que se fan cunha foriña especial que solo se comercializa en holanda por estas fechas, e non sei se tamén en pascua?
Eso si enganchan, son inimitables.


Estes leváronme a  acordarme dos Poffertjies, que son como unhas micro filloas que algunha vez temos comprado no mercado que levan azúcar glass porriba e un cacho de mantequilla que se vai derretindo encima deles.



FEBO é unha cadena moi útil en holanda para matar a fame de maneira rápida e económica, metes a monediña e unha croqueta, burguer...
Bueno, nada máis por hoxe que reclaman a miña atención!!

O pintor chámase Tjalf  Sparnaay e como vedes a súa pintura encádrase dentro de hiperrealismo.Estas son algunhas das súas obras: