martes, abril 18, 2006

O Raposo



Sonche pequeno renarte,
pillabán e larpeiro.

Visto un traxe peludo
entre gris e vermello.
Traxe que vou deixando
enganchado nos toxos.

O meu fuciño de ouro
lévame ó galiñeiro,
onde espero o xantar
que sae fóra ben cedo.

As miñas patas miúdas
como se fosen fieitos,
hanme levar ata o tobo,
de onde vixío ós cadelos.

Este pequeno poemiña ocorréuseme hoxe na clase de didáctica do galego. Realmente o que se nos pedía era unha descrición pero como me foi saíndo rimado así quedou. Como me dá tanta pena que se acabe perdendo nesas terribles caixas de apuntes decidín cólgalo.

Dedicado a "la priti" : futura editora. Cando publíques o libro prometo facerche publicidade aquí no blog, pa que non morras de fame.

lunes, abril 10, 2006

Máis fotos torneo Madrid



Dúas fotos máis do torneo de Madrid. Como se pode intuir eu son o número 8.

1 e 2 de Abril, Madrid



Teño que decir que trouxemos copa, quedamos terceiras, o que é moi bo posto xa que había sete equipos. A ver se no próximo traemos a prata.

Torneo 1 de Abril en Madrid


Estas son algunhas das fotos que Kinso nos fixo en Madrid, a verdade é que están moi chulas. Colgo algunhas miñas, xa que o blog é meu non? Se queredes ver máis, están no blog do Umia, bueno cando Peggi teña un ratiño pa colgalas claro.

viernes, abril 07, 2006

Irrecuperables


Levo varios días ausente, porque tiven moitos problemas co blog, perdín parte dos archivos (carpetas meses, anteriores), por un pequeno fallo técnico derivado dos meus experimentos.
Seguro que xa todos pensabades que non volvía a publicar, pois si. Borrei todo salvo a información non desaparecida e a volver a empezar. Esto de non ser unha especialista en esto das novas tecnoloxías implica problemas de este tipo.