viernes, mayo 26, 2006

Aviso



Ola a tod@s se estades interesados en ver como pinta o voso profe ou exprofe de artística: Xabier Cabo. Hai algúns cadros del colgados nesa especie de galería-tenda de marcos frente a Stradivarius.
Ah! Para os/as que visitan o meu blog de cadros, xa colguei cousas novas, deixade comentarios que xa sabedes que me gusta.

martes, mayo 23, 2006

UN MEME



Pois aí van as respostas que espera María Saa:


Se fora un mes: Outubro (ten as cores máis bonitas)
Se fora un día da semana: Sábado ( é o día que soio facer o que me gusta)
Se fora un momento do día: a noite (eu son moi tétrica, aínda que no o paresa)
Se fora un planeta: Marte (de aí Martina- adoradora do Deus da guerra aínda que non me gusten).

Se fora un animal: un felino,negro.
Se fora un moble: ningún, demasiado quietos.
Se fora unha bebida: Acuarius Naranxa
Se fora un instrumento musical: piano (encántame como sona, aínda que non no creades fun a ballet clásico de pequena)
Se fora unha froita: cereixa
Se fora unha canción: Danza Húngara (chíflame), Miss Sarajevo, Devil Came to me e Don't get me wrong(levántanme o ánimo)

Se fora unha asinatura: algo de plantas (ciencias) e plástica, artística...
Se fora unha parte do corpo: as mans
Se fora un obxecto: unha matrusca
Se fora unha comida: marisco, como bia galega adoro as nécoras e o porquiño claro

Se fora un personaxe animado: protagonista femenina de videoxogos, Resident Evil por exemplo Lara Croft non
Se fora un número: 4 o da sorte, 8 o do equipo
Se fora un coche: O "pichupichi" Space Star e que xa estou moi acostumbrada a el, e vai coma a seda.
Se fora unha cidade: d'aquí Rianxo, de fóra Amsterdam
Se fora unha dor: de garganta
Se fora un mar: xa son MAR-tina, Mar do Norte
Se fora un idioma: Galego, Holandés (débolle moito)

Se fora unha flor: estatis, "siempre viva" recibe os dous nomes
Se fora unha cor: Verde e Negro

Se fora un verbo: crear cousas, imaxinar
Se fora unha estación: outono
Se fora unha prenda de vestir: chanclas ou pixama
Se fora un libro: O valo de Manselle (Anxo Angueira)

Se fora un país: Galicia, Irlanda, Holanda
Se fora un lugar: Manselle
Se fora un deporte:Kaiak-polo e o volei
Se fora unha película: Amelie e algo de terror
Se fora unha marca: tampax, Acuarius (esenciales para a supervivencia)

Se fora unha serie: CSI, Expediente X.
Se fora unha páxina web: algo de pintura, arte en xeral
Se fora un sabor: salado
Se fora un signo do zodíaco: Libra
Se fora un perfume:Light Blue, Allure

Invito a contestar nos seus respectivos blogs a Alex, Mariña e Peggi.

jueves, mayo 18, 2006

Valencia


Este foi un dos mellores torneos nos que xogamos, a pesar de que baixamos posto. Estivemos a punto de entrar na final, xogamos semis contra o Retiro de Madrid que acostumbra ser o campeón de liga. Empatamos o partido a uns, fomos á prórroga a gol de ouro e na segunda parte da prórroga pitaron un penalti en contra, con lo cual nuestro gozo en un pozo.
Como Mary aínda non me pasou as fotos deste torneo colgo unha do podium de Madrid, faltan algunhas rapazas na foto.
De esquerda a dereita: Peggi, Eu, Mary, Esther, Melichenko (ou como se escriba) e Cris.

miércoles, mayo 10, 2006

Voume a Valencia


Este fin de semana ímonos a Valencia, ó segundo torneo da Española. Espero vir morena, bueno dentro da miña gama de moreno que é máis ven amarelo.
A que ven o da foto, pois non ven a conto co de Valencia, aínda que seguro que en Valencia non hai moitos estalos. ESTALOS é como lle chamamos na nosa zona, noutros lugares chámanlle estralos e creo que é así como aparece no diccionario. É incrible que nós non os apreciemos, e que nazan de forma silvestre, sen que ninguén os semente e que en Inglaterra e outros lugares paguen por telos nos xardíns. Esto non pasa só cas prantas, a que non?
Cantas cousas ás que nós non lle damos importancia para outros son un mundo!