miércoles, mayo 10, 2006

Voume a Valencia


Este fin de semana ímonos a Valencia, ó segundo torneo da Española. Espero vir morena, bueno dentro da miña gama de moreno que é máis ven amarelo.
A que ven o da foto, pois non ven a conto co de Valencia, aínda que seguro que en Valencia non hai moitos estalos. ESTALOS é como lle chamamos na nosa zona, noutros lugares chámanlle estralos e creo que é así como aparece no diccionario. É incrible que nós non os apreciemos, e que nazan de forma silvestre, sen que ninguén os semente e que en Inglaterra e outros lugares paguen por telos nos xardíns. Esto non pasa só cas prantas, a que non?
Cantas cousas ás que nós non lle damos importancia para outros son un mundo!

1 comentario:

alex dijo...

O de apreciar o alleo e non apreciar o que se ten debe ser moi común, pero en Galiza somos verdadeiros expertos niso. Así que como nos parecen feas as nosas praias, as enchemos de edificios e de borralla variada (será que as papeleiras non nos gustan tanto); como nos parecen feos os nosos ríos e lagos, facemos fermosos encoros en todos eles ...
Moita sorte e boa viaxe!