lunes, julio 10, 2006

Outro meme


Pois ben aí van as miñas respostas para a invitación de Mariña:
- 10 anos atrás...salir, festas no piso, salir, algún que outro ligue, salir, latar a clase,etc.
.- 5 anos atrás...centrarme un pouco: ir a clases de pintura, ir a entrenar, ir a competir, pintar, estudiar un pouco...
.- 1 ano atrás...traballar, pintar, entrenar, competir...
.- Onte...praia con Rita e Angueira, tomar o sol, nadar, coller mexillóns e ameixas de furtiva, cenar os mexillóns que estaban boísimos!!!
Mañá...traballar, facer a comida, ver Friends, pintar, ver tele ou peli baixada de internet e a durmir, se non hai accidentes, defuncións... que cambien este día tan rutinario.
.- Snacks...JUMPERS son tola por eles
.-Cinco bandas e/ou artistas... Sade, Dido, Bryan Adams, Dover, Ottis Reding, Moloko, Cramberries ,creo que xa me pasei.
- Cousas que faría con 100.000.000 €: eu tolear non, creo e non me equivoco que o iba pensar moito, invertiría non sei aínda en que, donaría unha suma bastante importante a desenrolo no terceiro mundo, e aquí entre nós que tamén hai moita necesidade, faríame un bo plan de pensións, compraríame un par de cuadros ós que lle teño ganas, donaría a algunha protectora de animais... (ocórrenseme tantas cousas, eso sí nada de Caribe, coches, xoias ou trapalladas)
- Cinco lugares aos que me gustaría ir...contan lugares espaciais ou temporales tamén? Se contan temporales: futuro e pasado: Idade Media, Prehistoria, Exipto, Roma...
Espaciais tempo actual: Australia, China, Nova Zelanda, Grecia e a miña querida Rusia.
- Cinco malos hábitos que teño...
1. Tirar ó poste, teño unha probabilidade altísima.
2. Interrumpir ou cambiar o tema cando alguén fala.
3. Ser moi desordenada.
4. Usar moitos tacos, especialmente coño.
5. Deixar para mañan o que no teño por que facer hoxe: estudiar, traballos...
Non ter o cepillo de dentes co resto dos da casa, é antihixiénico alí todas as bacterias de todas as bocas en contacto...

.- Cinco cousas que me gusta facer...
1. Pintar.
2. Xogar ó Kaiak polo.
3. Ver pelis de terror.
4. Preparar o xardín, atender o meu viveiro, plantar, podar...
5. Ir de viaxe co Umia, esas charlas tan trascendentales que temos de camiño unen moito.
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... tanga (incomodísima), armas de fogo, vestido novia, drogas duras, violencia.
- Cinco programas de TV que me gustan...cuarto milenio, mujeres desesperadas, CSI, expediente X, House
- Cinco películas que me gustan. Psicosis, Amelie, The Ring, La vida es bella,
- Cinco persoas que me gustaría coñecer... Indurain, Ralph Fienes, ós meus tataranetos, Klimt, Mucha, Castelao... E á doble boa de Mariña, e que sempre tiven fixación cos xemelos é un tema que me obsesiona.
- As cinco cousas que máis disfruto.
1. As cenas coas compañeiras de equipo.
2. Unha boa comida (empanada de miña nai ou calquera otra delicatesen desas que ela tan ben fai).
3. Unha boa canción ( e que son melómana: canto na ducha, mentras como, os anuncios da tele, etc.
4. Unha boa broma feita por min, algunha desas trolas (Mar - trolas) que ni dios cre e que consigo que a crean (María del Monte en Eurovisión...)
5. Un bo gol deses bombeados ou moi esquinados que salen de vez en cando.
- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequena:
1. A miña caperucita.
2. Pelota volei, pelota brilé...
3. A bicicleta.
4.Raquetas
5. Tellas da sorte da mariola, que gardaba no queixón da mesilla de noite como ouro en paño e que sempre mas tiraba miña nai.
E todos aqueles xoguetes máis de tendencia masculina: pistolas, metralletas con luces, coche teledirixido, tren eléctrico... que noso bisavó nos compraba porque el quería netos non netas e pa compensar...
Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo...
Alex xa está collida?
E que a xente que me le: compañeiras equipo, Rita, Angueira...Non teñen blog con lo cual son meros receptores pasivos que non o van facer.

1 comentario:

alex dijo...

Que casualidade o das coincidencias! Por certo, co resto das cousas que nunca vas probar tamén estou dacordo. O da xemelga é fácil de solucionar, pero o de coñecer a Ralph Fiennes véxocho maís complicado. Gracias por chamar onte, XA nos veremos (prometo ensinarche a barriga para que me creas).