Estes días ando bastante lianda entre peparar o tema, que cada semana nos toca expoñer en clase, e preparar as unidades didácticas. E é que esto de preparar a oposición éche algo moi duro!!
Que conste que a min o de preparar as unidades didácticas me está gustando pois atopei unhas páxinas bastante interesantes con cantidade de materiais, proxectos...
O que teño moi claro é que as miñas unidades van contar moito cos soportes multimedia:
internet, vídeos, actividades interactivas...
Non só porque son unha defensora a ultranza da incorporación destas novas tecnoloxías na aula senón tamén porque, polo visto, un dos novos requerimentos do currículo van ser as competencias a nivel tecnolóxico ( informáticas claro).
Polo momento estou diseñando unha páxina web onde poda ter de modo ordeado, e de forma rápida acceso a todos estes materiais.
Dentro da páxina vou a ter unha serie de apartados:
Onde non van faltar os episodios de Bob the Builder (este macaco de plastilina que está na barra da dereita) cas súas correspondentes actividades de comprensión; hipervínculos a contos interactivos da páxina dos cbeebies; proxectos moi interesantes que atopei nunha páxina que non ten desperdicio e que me proporcionou flashcards de todo tipo...
Hai que esperar para ver o resultado pero creo que este tipo de actividades vanlle ser @s alumn@s moito máis interesantes e estarán moito máis motivados, pensemos que estamos na era do móbil, videoxogo...
Este pequeno vídeo é un exemplo dos numerosos vídeos que vou introducir dentro da miña páxina-unidades didácticas:
Pinchade sobre a foto!!Este conto en concreto é moi bo para tratar por exemplo a interculturalidade, xa que a protagonista é unha nena china que nos conta como celebran eles o ano novo.
Hai outros moi útiles que nos poden axudar para ilustrar temas de vocabulario...