lunes, noviembre 13, 2006

Cena Umia




Este sábado tivemos a cena do equipo, non sei a razón pola que sairon a maior parte das fotos movidas sólo colgo estas dúas que son as únicas que saen nítidas. Pero supoño que Mary como siempre terá tropecentas pa colgar no blog do Umia.
Como era de supoñer a cena foi en Caldas. A gran momento da noite foi coñecer á mosa de Pacorro por fin!!!
A Peggi dedicouse toda a noite a facer campaña pa reclutar xente para o equipo feminino, que é algo complicadísimo.
Como é un deporte de pasar frío este do kaiak polo hai poucas que se atrevan, e polo xeral hai poucas mulleres ás que lles interese facer deporte.
Espero que algunha muller que entre neste blog se digne tan sequera a vir probar, porque isto é moito máis que un club deportivo e tamén un club social.
Aquí a Peggi e máis eu con cara de dormidas, ou é que nos afectara o viño??

1 comentario:

alex dijo...

Mira que ben o pasades! Irei por aí facendovos promoción a ver se atopo algunha candidata para o voso club. Vémonos!