martes, febrero 13, 2007

Geri's Game


Cando somos pequenos, polo menos no meu caso, pensamos o lento que pasa o tempo, parece que a infancia vai tan amodo!


Despois desta interminable etapa pasamos a un estadío de caprichos, de grandes dilemas existenciais e de inconformismo, que tamén se prolongan considerablemente no tempo. Pero cando nos damos conta esa recta dos 20 ós 30 foi tan rápida que despertamos soplandolle ás 30 imposibles velas. E pouco a pouco as enrugas, as debilidade muscular, os achaques, que se dirixan a ti pola rúa como "usté"...


E por fin a etapa nevada, onde os amigos se van indo, onde as lecturas habituais son as recetas médicas, onde o sono nos persigue alí onde imos... A VELLEZ. E vese un solo coma Geri.
E como di miña abuela Luisa: Cando cheghes ós meus anos xa che pasarei a man polo lombo!
Éche unha filósofa da vida, e que rasón ten!

2 comentarios:

Martina Bugallo dijo...

Aínda estudiaba eu filoloxía cando un rapás me preguntou: Señora, tiene hora?
Imaghinate ahora!!!

alex dijo...

Pois non sabedes o vella que a ven a unha cando está embarazada! Será que non saben que aínda nos queda moita vida por diante e que estaremos ata o final dando guerra.