miércoles, febrero 14, 2007

San Pinpín 2007


E xa é san Valentín outra ves. Xa o amor volve a floreser por todos lados, porque ó que non lle acorda o resto do ano, hoxe si. Dia pois das floristerías, bombonerías, mercerías... que fan un dineral nesta data tan espesial.

Esto dos astros éche un tanto complicado, que si eu son libra e el é tauro, que se eu son acuario e el é capricornio...



E non todo o mundo ten ligado na tan sinalada data. Por eso nos matamos a prepararnos pa conseguir que a nosa flecha alcance algún corazón, e para eso e mellor afiala con rimel, sombra e pote (que o tapa todo, hasta a desesperasión).


Pa salir a unha discoteca onde entre a pouca lus e o moito alcohol ninguén se vai dar conta de que levas brillo de labios. Pero bueno, é un sitio estupendo pa ligar, todo o mundo é ghuapo, e co ruído que hai non tes que oír as palabras parvas que saen dun coptel formado pola falta de neuronas e o alcohol.





O caso é arreglarse, que polo menos fai sentir a unha máis ghuapa: "A onde vas con esas pintas?, se son as nove da mañán... "





Pero unha nunca sabe onde pode saltar a lebre, e é mellor estar preparad@:








Hasta hai quen vai a clase a ligar, senón como se explica que fagan o esforzo de levantarse ás 7 para lucir un pelo de peluquería e unha maquillaxe, que nin Max Factor, as 8:30, cando os outros mortais chegamos co pelo a medio secar e unhas ogheras terribles.







Pero volvendo ó tema: non só hai arrexuntamentos neste día, tamén hai quen opta por poñer fin a "un año de amor", ole por ti, non tuvestes tempo o resto do ano pa esto, tes que esperar para crearlle o trauma que non conseguiron os pais en trinta anos.







Outros disfrutan do día a lo grande, como máis lles gusta, mostrándose tal como son, deixando que polo menos hoxe o seu alter ego viva o que siempre soñou:


Tamén os hai que preparan o encontro amoroso da forma máis coidadosa: un ambiente perfecto, velitas, afrodisiacos...

E mesmo os hai que aprobeitan para poñer en práctica o que nunca se atreveron e darlle un pouco de pasión a un matrimanio aburrido e estandarizado.



Moitos non teñen o tan preciado nidito de amor e teñen que buscalo onde sexa, e ségueno moi ó pé da letra (xa o poño en negritas pa que o pilles Rita).


Pero moitos siguen sos, sen media naranxa ca que rozar o patetismo neste día




E oíndo como as amigas falan dos seus respectivos, mentras que ti non podes contribuir a aquela profunda conversación: pois Pepe a min reghaloume uns calsetíns de Dolce Gabana...



E incluso te enteras que quen non daba ligado por fin pillou, e ti nada: Disque fulanita anda liada con...




Pero sighes aferrada á idea de que son as mulleres as que elighen, as que cazan e non son as cazadas




Ou consólaste pensando bueno eu tampouco me lío con calquera, e sighes esperando coma unha parva por un superman que non sabe nin poñer os calsonsillos.




Pero mellor soa que mal acompañada, porque a ninguén lle gusta medrar un par de centímetros de golpe, por moi alta e vikinga que paresa unha:



Aínda que hoxe en día atopamos moitas maneiras de matar a soidade, pois gracias a Deus temos unha banda ancha que nos permite saír con alguén, sen saír:






Pero o aire libre é salú, e a luz do día e o silencio permiten apreciar mellor o material (sabio o dito que di: yo me enamoré de noche y la luna me engañó, otra vez que me enamore será de día y con sol).









Porque se un elighe mal os erros paghanse caros e pode acabar un casado con quen sabe quen, aínda que pa moitos o importante é casar, ter o vídeo, as fotos, o vestido... É decir toda boa caza finalmente conclue cun gran banquete:





Para formar o que se denomina matrimonio, familia, responsabilidade, traballo conxunto?






Pero aínda que unha non consiga o fin tan esperado, siempre pode contar cas amigas para retroalimentarse e subir a moral, que ó fin e ó cabo son quen millor che entenden:










E cada un que viva o día como queira, só, acompañado, ca familia, co can...





FELIS SAN PINPIN!!


Dedicado a ti Angui (pa que despois non dighas que non tuven un detalle neste día).

2 comentarios:

marykinha dijo...

Jajaja deuche forte, nom si??
Para min San Valetín ou o día das Depresións, é coma un día calqueira, non teño parella, non vou recibir agasallo e aínda por riba, non sei porque faise máis notorio o amor que se precesan as parellas, que nese día, arrexúntanse máis que de costume, e iso que nalgúns casos xa pensei que era imposible.
En fin... que para o caso, paras os solteiros é un día máis, e eu tan feliz, no meu mundo de yupi, medio envexando as parellas e medio defendendo as vantaxes da soltería....
Jejejejeje paso de matarme a buscar unha parella e menos aínda nese día, que como ben dis, e o día da desesperación.
Considero que fea non son e mala persoa tampouca, así que cando teña que chegar, o mamarracho de Cupido ou San Valentín, chamará á miña porta e deixarame un principe azul (QUE?? a sociedade véndenos contos de princesas e quen non desexou vivir nun conto deses??)
Bicos

Martina Bugallo dijo...

Tes toda a razon o que veña, a de vir cando menos o esperes, e como soe pasar cando teñas un hanche de apareser outros, e has de desir cando unha anda a dúas velas nada, e ahora que teño aparecenme cincuenta.