lunes, marzo 26, 2007

IMPROVE YOUR ENGLISH

Deixade as academias e eses cursos soporíferos de CCC e Home English porque:

Xa tendes aquí o Martina's World!!


Esta semana por fin sae á luz o meu traballo de todos estes meses, foron días de moito traballo, búsqueda e horas sin dormir. Pero mereceu a pena. Este é o meu blog para a aprendizaxe de inglés con contos, cancións, episodios de dibuxos animados...


Pretendo empregalo na oposición pero tamén será unha ferramenta para que calquera utilice co fin de atopar materiais útiles para o ensino ou a aprendizaxe do inglés.


Que mellor maneira de aprender inglés? Hoxe concretamente estou colgando os meus propios vídeos en YouTube ca intención de poder acceder a eles desde este blog interactivo, concretamente vídeos de Bob the Builder, Postman Pat... Boísimos todos eles. Así que esto non vai ser só un blog senón algo así como un canal de tele onde os rapaces e os non tan rapases podan ver as súas series favoritas en inglés. Pensemos que aquí ca obsesión que teñen as cadenas por doblar perdémonos unha exposición os idiomas extranxeiros tremenda.



Pois basta de contos, pasadevos por o Martina's World e comentádeme que vos parece, só tendes que pinchar sobre o meu logo:


lunes, marzo 19, 2007

A comer!

Hoxe o tema vai ser de índole gastronómica. Porque unha como boa ghallegha éche amante do bo comer:



Temos que ter en conta que case todas as festas de Galicia van ligadas á gastronomía, mesmo a xente coñece parte da xeografía galega gracias a estas. Se observades as seguintes imaxes seguro que sabedes realmente a que sitio nos referimos con cada unha:


1.



2.




3.



4.


E ata os rapases na escola farían ben os exames de xeografía se tuveran que colocar no mapa en ves dos nomes dos sitios as ostras, os persebes, a lamprea...

Queda claro pois que o comer non só nos dá placer e quilos senón tamén CULTURA!
Pero sentrémonos nos productos máis representativos da nosa cultura:
O caldiño




O pulpo ( ou polbo)




O marisco!!




O cosido con chourisos, lacon e un bo anaco de tousiño!



E a empanada!



Pero hai quen se decanta pola cosiña máis elaborada, de aspecto claro, porque de sabor non son competensia pa todos os nosos productos. Pois aí vai unha selección de platos para o deleite da vista máis que para o sentido do gusto:




Este é o arroz cuñaaaooo.


Non se pode desir que non son orixinais:

E seguro que máis nutritivos que os nosos.



E seghuro que máis efectivos para redusir as colas da seguridade sosial e aforrar en resetas (medicas).


Pero o pinten como o pinten nada comparable as nosas comedelas: mariscadas, churrascadas, caldeiradas, filloadas, pulpadas...
Se queredes seghir ca lista interminable pinchade aquí e, ala! a recorrer Ghalisia en "platillo"


Se queredes cosiñar estes platos tan decorados pinchade aquí.
Pero se polo contrario queredes faser alghunha das nosas resetas máis típicas só tendes que pinchar aquí.

jueves, marzo 15, 2007

Andressolo

Primeiro debo felisitar a Alex porque xa ten o seu Lucas, FELISIDADES!!!

Atent@s a estes videos de Andressolo, non vou comentar porque influiría na vosa opinión sobre eles, védeos e pensade realmente no propósito deste. E comentade claro.
Sobre todo vai dirixido as filólogas. Por certo temos nova visitadora (non médica) tamén se chama Cris e é a que nos está fasendo subir a audiencia desde Vigo, porque o que é Rita e Eduardo...
Benvida!