lunes, marzo 19, 2007

A comer!

Hoxe o tema vai ser de índole gastronómica. Porque unha como boa ghallegha éche amante do bo comer:



Temos que ter en conta que case todas as festas de Galicia van ligadas á gastronomía, mesmo a xente coñece parte da xeografía galega gracias a estas. Se observades as seguintes imaxes seguro que sabedes realmente a que sitio nos referimos con cada unha:


1.



2.




3.



4.


E ata os rapases na escola farían ben os exames de xeografía se tuveran que colocar no mapa en ves dos nomes dos sitios as ostras, os persebes, a lamprea...

Queda claro pois que o comer non só nos dá placer e quilos senón tamén CULTURA!
Pero sentrémonos nos productos máis representativos da nosa cultura:
O caldiño




O pulpo ( ou polbo)




O marisco!!




O cosido con chourisos, lacon e un bo anaco de tousiño!



E a empanada!



Pero hai quen se decanta pola cosiña máis elaborada, de aspecto claro, porque de sabor non son competensia pa todos os nosos productos. Pois aí vai unha selección de platos para o deleite da vista máis que para o sentido do gusto:




Este é o arroz cuñaaaooo.


Non se pode desir que non son orixinais:

E seguro que máis nutritivos que os nosos.



E seghuro que máis efectivos para redusir as colas da seguridade sosial e aforrar en resetas (medicas).


Pero o pinten como o pinten nada comparable as nosas comedelas: mariscadas, churrascadas, caldeiradas, filloadas, pulpadas...
Se queredes seghir ca lista interminable pinchade aquí e, ala! a recorrer Ghalisia en "platillo"


Se queredes cosiñar estes platos tan decorados pinchade aquí.
Pero se polo contrario queredes faser alghunha das nosas resetas máis típicas só tendes que pinchar aquí.

2 comentarios:

Ri dijo...

martro,

como andas? eu estiven bastante maluca estos dous días e moi preocupada por o tema- chamoume Paco, Mary, Esther e demáis para que busquemos unha solución razonada e razonable- igual baixo mañá a noite a Santiago e falamos vale? sei que non é o mellor sitio para escribir esto pero como teño a certeza absoluta de que o teu blog o miras a diario... por eso o poño aquí..igual te chamo hoxe despois da piscina..

ala farturenta! sigue a entreterte ca comida...e ke che ven de familia! flipo que miren esto en USa e por ahí adiante...

marykinha dijo...

Ola Martina!!

Na miña terra é tipica a Feria do Cocido (Lalín, fin de semana anterior ao Entroido); a Festa do Lacón (Silleda, mediados de Xullo), a Romaria da Tortilla (Laro -Silleda-, primeiro venres de Agosto), a festa da Empanada (Bandeira -Silleda-, penúltimo fin de semana de Agosto).

A parte, e non tan coñecidas, por esa zona tes: A festa da rosquilla de Abades, a festa do polo en Taboada, a festa do Pincho en Vilatuxe sustituíndo a antiga festa da Troita!), a festa da Paella en Cortegada ...

E porque non temos mar, que senón isto xa sería a bomba, jajajaj aínda que como dixo un día Crespo, algún día Lalín terá praia, jajajaj

Bicos