Pois ben hoxe xa levei dúas aleghrías, bueno non son aleghrías exactamente pero son desas cousas que che pasan que che llenan de orgullo y satisfacción. Pois teño unha nova visitanta pero o que é máis interesante é que aumentamos as distancias, imos máis alá do charco, Chámase Roselene e é profesora en Brazil. Se queredes ver o seu blog ides o comentario que deixou na entrada anterior e pinchades sobre o nome.
Ademáis na páxina do colexio de Mariña Spike's somos enlace permanente, non con este blog, co Martina's world, e houbo unha persoa que escribeu o seguinte:
Andrederabal dijo...
Martina de onde é?¿?Pasareime polo seu blogge sempre que poida.
Wed Apr 11, 04:52:00 AM
É desir, empeso a ser famosa, a xente empesa a querer saber datos sobre min. Dentro de nada salirei no Tomate, en ABC e hasta no programa de Quintero. Teño que ir pensando en poñerme un ghuarda espaldas, que estas cousas empesan como quen non quere a cousa e acaba unha saíndo na páxina de sucesos como tantos outros famosos mortos xovenes.
Pois vou contestar aquí á preghuntiña de de onde son:
Pois sonche
de onde as brañas perden o seu bonito nome
pa convertirse en monte:
MANSELLE.
Esta foto non é que che me ghuste moito pero é a única que teño aquí no ordenador de Angueira.
4 comentarios:
Ola! non era pa dicirche nada en especial (xa sabes que sempre miro o teu blog) pero como sempre te queixas de que non deixo comentarios...
Noraboa polo teu éxito en latinoamérica e haber se actualizas o blog do umia que somos moitos os fans das tuas fotos comentadas.
Bicos (meus e de Bea) jeje
Cris estes días non tuven moito tempo, e o de subir as fotos leva tempo. Ademais teño que pedirlle a Peggi a contraseña que non me acorda. Pero tranquila tan pronto como pase o simulacro desta semana xa vou ter máis tempo.
Non pasa nada, cando teñas tempo. Estuda moito! e boa sorte o venres.
Bicos
Mar, o Fari está vivo!!! dixerono hoxe no tomate, e no tomate nunca minten.
Publicar un comentario