lunes, abril 09, 2007

Viaxe a Madrí

Este fin de semana non, o anterior fomos xogar o primeiro torneo da liga española a Madrí. Xogamos nas piscinas de Puerta de Hierro onde os riquitos van faser que saben xogar ó golf e experimentar extreme sensations como: comer un bocadillo de anchoas.
Pois ben o resultado non foi moi bo pois quedamos, as UMIA GIRLS, cuartas , tiñamos que ter quedado terceiras pero bueno.Para aclarar dudas, non había só catro éramos 8 equipos de mulleres.
A verdá é que estamos reestructurando o equipo pois somoche un pouco coma a rianxeira: ondiñas veñen ondiñas van. Pero bueno, este ano temos dous super fichaxes (bueno un, que Cris xa é do ano pasado, aínda que debuta este) e Verónica que é un portento físico.

A este non fomos cos homes, ó final foron os pequenos ós que lles tocou compartir torneo con nós. Xa vos podedes imaghinar á Peggi e a min fasendo de supernanis.
Pois ben, gracias ó noso esforso quedaron terceiros.

Non me lío máis que os blogs que suelen ter moita letra sonche os que casi ninguén mira e resultan aburridos.
Deixovos ca primeira remesa de fotos: feitas por Cris.



5 comentarios:

Roselene dijo...

Olá! Sou Brasileira e me chamo Roselene. Voy hablar un poco de español pero mi idioma es el Português. No sé donde vives,pero me gustó mucho de tu blog. Outro dia com mais tempo vou ler com carinho. Abraço.

Martina Bugallo dijo...

O blog non está en español, está en galego co cal non creo que che custe moito entendelo. Gracias por lerme, e sobre todo por deixar mensaxe, moita xente entra e non deixa nada escrito.

Ri dijo...

martrooooooooooo gustoume a crónica! actualiza tamén a páxina do Umia coas fotos novas vale?¿ ala chauuuuuu! vémomos esta finde...na water my friend!

Unknown dijo...

weno weno, acabo de quedar anonadada. non tiña nin idea de que t manexaras tan ben cos pinceis, abraiante!! e tes un blog a leche de simpatico,,,e todos eses bonequiños..?jj
pois na, q xa entrei e coñecin algo mais de ti.. ata a seguinte entrada. un bikiño.

Martina Bugallo dijo...

Así me ghusta que vaiades enghanchandovos unha a unha as miñas crónicas, visitádeme pero eso sí deixade comentarios.