jueves, mayo 24, 2007

Sin título

Este fin de semana volvemos a Madrid a xoghar o kaiak polo na Casa de Campo (si onde moitos van en busca de sexo e nos fomos en busca dun lagho que non había dios a encontralo).
Pasounos de todo:
1. Déronnos por perdido un partido sen xogalo, non vou profundizar nos motivos que total xa aburren.
2. Durmimos nun camping, onde tíñamos que compartir duchas cas cucarachas. Unha intentou ir comigho ó baño.
3. A Cris roubáronlle as chanclas.
4. O domingo xoghabamos ás 8:30. E a eso das 8:25 seguíamos ás voltas cambiándonos na furgoneta mentras Javi trataba de encontrar unha entrada pó lago que máis ben parecía unha porta a outra dimensión. O que fixo que parte do traxecto se convertira nunha maratón con chaleco, casco e pala incluidos, mentras os que practican deporte os domingos e as prostitutas asistían a tan particular maratón. E todo pa chegar 10 minutos tarde e que tamén nos deran o partido por perdido.
5. Pero non acabou aí o día, as miñas queridas compañeiras quixeron asesinarme enviandome a "mear" a unha cámara de gas e casi non o conto!! Que mal estuven.

Pensei en poñervos fotos ilustrativas do meu malestar pero finalmente deixovos con este vídeo super bonito!
Cris escribe algo que eu xa che visitei. Se queredes visitar o blog desta rapasa pulsade aquí.


7 comentarios:

alex dijo...

Que linda! Estou desexando ver a Lucas así. Bicos!

Martina Bugallo dijo...

Non te preocupes que cando te descoides xa vai a universidá!
Como vas estudiando?
Acabastes as unidades?

alex dijo...

Que va! Isto é unha tolemia, ademais xa empecei a dar algunha clase, así que agora estou aínda máis liada que antes. Bueno, de tódolos xeitos a ver se quedamos a próxima semana. Xa te chamarei, OK? Moitos bicos e ánimo!!!

CRISSS dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
CRISSS dijo...

Ola!
Gracias por visitar o meu cutreblog (xa teño 1 gran público: Bea e ti...), ainda non colguei o que che dixen este fin de semana que ía facer, non tiven tempo...
Alegrome profundamente de que sobrevivises á experiencia madrilenishportableWC, menuda cara tiñas cando saiches!!!
Bicos

PD: Que guapa é a nena!

Ri dijo...

uufffffff tercer intento...dende que me cambiachedes as claves ti e maila cris tedesme vetada no teu bloggg pero REJRESIN! a ver si sae...vémonos mañá na water my friend! viches a homenaxe a angui que puxo cris no seu blogg e k ahora non o vemos nunca e o votamos de menos! un lametassssso R

CRISSS dijo...

Mar, mira o teu correo que che enviei un mail xq xa che fixen a conta messenger.
Biquiñossss