jueves, septiembre 20, 2007

Pride and Prejudice

A que dedico estes días? Pois a pasar a DVD os numerosos episodios de Postman Pat, Charlie and Lola... Gracias a fantástica páxina de softonic conseguín baixar un conversor de diferentes formatos a DVD, o que me axuda a convertir todos eses archivos de vídeo en inmortales DVDs.
Esto das novas tecnoloxías está ghenial!!!
A parte desto estou baixando todo o ciclo da BBC de Jane Austen: Northanger Abbey, Mansfield Park, Persuasion... Desde que vin Orgullo e Prexuicio decidín baixalas todas, moitas delas por episodios.
E mira ti que casualidá, que creo (ó millor equivócome) que unha profesora miña de filoloxía do departamento de inglés as está baixando tamén. Pois nunha das fontes do emule aparece unha tal Fra que me dá moito que pensar, ti que cres Alex??

A parte de ser novelitas sentimentales, con dialogos do máis enrevesado, as pelis teñen unha fotografía alucinante.

Deixovos ca escena clave de Orgullo e Prexuicio, se aínda non a vistes recoméndovola.
Douvos a oportunidade de oílos tamén en versión orixinal.




4 comentarios:

alex dijo...

Mira ti, e logo din os da sgae que estamos a acabar coa cultura por descargar cousiñas de internet! É que a eles as pelis baseadas en obras de Jane Austen aféctanlles un montón! Peseteros!!! Como se enteren de que a Fra usa eses DVDs para poñer pelis nas aulas da USC vanlle esixir á universidade o pago de máis dereitos de autor.Comovive o Teddy Bautista!

alex dijo...

A que non sabes que película vin o outro día na tele? O Paciente Inglés! Acordeime de ti, pero sigo pensando que está mellor Jeremy Irons que Ralph Fiennes. Para gustos...

Martina Bugallo dijo...

Pois non che vou dar a rasón, non Ralph non che ten punto de comparasión, pero bueno para gustos colores.
Que tal o vas levando atopastes xa algún truquillo pa poñer orden??

alex dijo...

Imos mellorando, ademais teño unha psicopedagoga de apoio na aula 5 horas á semana, claro que tendo en conta que de 17 alumnos teño 5 con problemas de aceptación de normas e 3 con necesidades educativas específicas, vou rematar no outro barrio. Teñen que aprender a ler, a sumar, a restar, a escribir...ufff!