sábado, agosto 02, 2008

BBC

Unha das cousas que máis fagho cando estou aquí en Amsterdam é ver a tele británica. Teñen proghramas tan bos, ou que a min me ghustan tanto que non podo resistirme.
Programas que vexo:

Escape to the Country
Este é o meu favorito. Unha parella decide comprar unha casa no campo, primeiro vende a súa e despois búscanlle unha adecuada ó que poden invertir e na sona que eles elixen. Enséñanlle 3 casas e unha mistery house que suele ter un moi bo presio. As casas suelen ser chulísimas, con grandes xardíns, estanques e cunhas distribucións moi peculiares. En canto á decoración moi variopinta: con papel nas paredes, fireplaces, varias reception rooms... Que dá ghana de irse a vivir alá!

Cash in the Attic
Pois como o nome indica, un par de tasadores van á casa de alghén a buscar cousas que podan ser interesantes dende o punto de vista de antighüedades, coleccionismo... E dinlle máis ou menos que se as subastan vanlle dar tanto. Collen varias cousas, ex. uns cuadros, un reló, etc. E despois por fin vemos canto consighen por elas na puxa.

Homes Under the Hammer
Este programa empeza ca subasta dunha casa, que soe estar nun estado bastante malo. Tan pronto a compra a tele vai á casa filmaa e o comprador ou compradores din que reformas lle pensan faser. E finalmente enseñan como queda a vivenda.

Bueno e pa despedirme deixovos co anunsio da BBC das olimpiadas, cantos deportes identificades?? Encántame a música !

3 comentarios:

Ri dijo...

a ver cando vides oooooooooooh!!!! kedanme 22 horas para coller vacassss!

Martina Bugallo dijo...

Xa imos!!! Vai preparando a pasta con vodka.

marykinha dijo...

pois a min en irlanda gustabame Coronation Street e xa no plano "nacional", Father Ted, sobretodo polo esaxerado do acento irlandes...

Bicos