martes, diciembre 30, 2008

Intacto

Despois dun día DESASTROSO pa min, publico esta entrada que define tal cual o que é a sorte, o que significa que alguén estea tocada por eso que se chama sorte. Este vídeo mostra claramente o meu estado de ánimo, a miña sorte.



Vede o vídeo hasta o final. Que cal son eu?? A que chegha ó final sin estrellarse nin de coña!!

Hai unha peli que ten o mismo arghumento que o vídeo, xente cun don, o don da sorte, á que poñen a proba. A peli titúlase Intacto e entre outros podedes ver a Leonardo Sbaraglia.

lunes, diciembre 15, 2008

BABAIAGA


Pois hai uns anos, cando estudiaba maxisterio, tiven a gran sorte de ter que facer un traballo sobre este libro. Non é un libro calquera, é unha marabilla.
Baba Yaga é unha mezcla entre un vampiro, unha bruxa e unha madrastra. Esta bruxa é un personaxe típico dos contos tradicionais rusos.
Babaiaga
Taï-Marc Le thanh - Rébecca Dautremer


Non é un libro é como un álbum de collage, xa que é moi vistoso, alargado, cunhas ilustracións marabillosas, letras de diferentes tamaños...
De que vai? Pois dunha bruxa que é mala pola influencia do mundo. Pero é mala. Despois de presentarnola a ela e xustificala súa conducta, preséntannos a Farangulliña que resulta que é o prototipo de personaxe dos contos de nenos (sen nai e cunha madrastra que non a quere).
Pois ben a madrasta mándaa á casa de Babaiaga para desfaserse dela, pero esta con sete elementos máxicos conseguirá regresar, ou non??
Lédeo! Que conste que levo tempo intentando conseguilo e encargueino hai unhas semanas a ver se por fin!

As ilustracións son do milloriño, a ilustradora Rébecca Dautremer que fai estas marabillas que aquí vos mostro:



Desde o meu punto de vista non é un libro pa nenos moi pequenos.


E pa acabar deixovos cun vídeo un pouquiño gore basado no conto, que teño que confesar que me gustou. Pero ollo Pegi non o vexas que despois soñas!

martes, diciembre 02, 2008

Felisitando cumples atrasados


Como podedes ver pola miña ausensia, ando moi liada, pero que moi, moi, moi liada.
E debido a esto non puden felisitar como se meresen nin a Martiño nin a Crisis.
Ahora que teño un ratiño, voulles faser un pequeno homenaxe a cada un. Que como os vou recompensar?
Pa Martiño teño uns cantos vídeos que seghuro que o deixan pasmado como siempre, e non quere que ninguén o moleste mentras ve a Pocoyó, Pato, Eli...




E pa Cris máis que unha dedicatoria voulle facer un montaxe de todas as cousas que a definen, como ela é a Crisipedia e ten definisión pa todo, pois se eu a tivera que definir mediante cousas serían estas:




E como sei que un dos teus soños é aprender Braille ( pa ler polas noites ca lus apaghada metida na cama) pois vou contribuir facilitándoche á aprendizaxe pa que empeses.
(Ollo que ninguén malinterprete ou pense que esto é unha broma ofensiva, Cris nunha ocasión manifestou tal desexo pola razón que arriba arghumento), xa vedes así é a rapasa!!


Ademais vouche pasar unha dirección da fundación ONCE na que tes un cursillo de aprendizaxe de Braille para personas sen problemas de visión.

E pa que faghas a túa primeira práctica resolve este acertixo, ollo está en inglés.

What can travel around the world but stay in one corner?