
Xa estamos outra ves no ghran día dos pimpíns, besitos por aquí, cursiladas por allá, reghalitos varios...
E claro, veste ti pensando e pa que demonios se selebra esto?? Quisás pa demostrarlle ó outro lado da cama que por un día te vas a sentrar nel?
E así empesa o ghran día:
Como unha película de terror, ala vamos intentar faser cursiladas pa que o outro se sinta ben e se sinta o sentro do universo, ó prinsipio andas super perdida intentando non caer nos topicasos de siempre.

E claro empesas pensando, mi madre! Que pelos! En todos os sentidos, faltan mechas e nesesitas unha depilasión, veña, a coller todo o set de cousas ó que apenas lle dás uso en todo o ano.

Bueno, menos no verán, pois que tes que competir con todas esas Barbies de solarium, que xa están morenas en enero e ti claro non vas conseghir ese moreno nin veraneando en marte.

E como non queres desentonar no grupete méteste unhas insolasións terribles. E total pa nada, pa que pola noite che molesten hasta as sábanas.

Donde iba? Ah! No de acicalarse a consiensia, hasta te pintas as uñas dos pés, cando el seghuro que nin as cortou.

Pero é unha maneira de sentirte seghura de ti misma capás de comerte o mundo

E mentras te arreghlas pensas "seghuro que el tamén está pensando en min"!

Claro que si, como non vai a estar pensando e preparando o noso encontro?

Hai que reconoser que cando máis preparas estas sitas é cando levas pouco tempo e a confiansa aínda non apesta. Pensas en posibles maneiras de impresionalo, hasta te documentas.

Planificas como vai ser todo: el vai faser e entonses eu vou desir...

E cando te dás conta, xa é a hora de marchar p'a sita, e ti sin elexir a roupa. Abres o armario e ves todo aquelo que un día che valeu e que ahora non che entra nin nuha perna, e pensas: se non enghordei tanto!!

E pillas o coche cando vas de camiño para a túa supersita, daste conta que cas présas non te maquillastes.

Por fin lista!! Así de ben me vai ver, como unha diosa do amor!!

Pero claro o listillo este non che dixo que a sita iba a ser cos amiguetes. Con lo cual a túa supersita é nunha discoteca, en plan borrachera cos amighos. Superromántica!

E ó final claro como non queres quedar de muerma e que a noite sexa un tostón ti tamén lle das ó drinking e acaba s como acabas, descocada.

E empesas a pensar, pareso unha das concursantes de Granjero busca esposa,

pero non porque esteas competindo con outra polo teu respectivo senón porque xa non sabes cal é o granxeiro e cal é o ...

Pero non todo é neghativo no amor , as relasións amorosas son como unha noria : uns días estás arriba cunhas vistas fantásticas e outros días estás abaixo. Uns baixan outros suben pero esta nunca para de xirar (parese que estou plaxiando a cansión da Noria : programa cultural onde os haxa da tele). Pero ahora entendo o nome deste proghrama.

9 comentarios:
Moi boa a entrada, nunca decepciona o San Pimpín. Ti tamén ves granjero busca esposa?
E moi moi bonita a entrada sobre Mucha.
pero que filósofa do amor estás feita!! por certo Cris eu si que vexo ese programa (wueno de vez en cando, é patético!! pero recoñezo que empezo a estar enganchada; non entendo porque se pelean tanto por quedar con eses tios, si son chunguísimos todos!! e ademáis a vida nas granxas non se ve fácil, hai algún tipo de premio económico para a que gane?? ou fan o parvo así para sair na tele??
Foi falar a que ten un Bra Pi.
Bueno, este ano a entrada non é moi alá pero bueno, tiña que cumplir non??
Encantoume a entrada, a realidade do amor pero sen perder o positivismo, teñollo que recomendar a unha amiga miña.Un bicaso artista.Marita
Marita, este é un clásico podes acceder ás dos anos anteriores desde que este blog existe, pa min danlle mil voltas a esta. De todas maneiras parte do mérito é deste dibuxante francés, ó que pertenesen as ilustrasións.
Faltouche dicir que sempre podes sorprender o respectivo pondo un vestido de ballet de cando tiñas 11 anos. Como ben dis, non che engordamos nadiña desde aquela.
A última entrada é miña, de túa irmá.
eso e que con tanta rita despístome ata eu! que non sei si a que escribiu as entradas anteriores fun eu...eu son a outra a dos risosssss...... por sierto este finde si que imos...dixo cris que tendo en conta o teu disfraz eu debería ir de cachuli (para darlle un toque a lo pantoja)veña falamos!
Jooo perdon polo retraso... pero decirche que me encantan as historias de San Pimpín que adoitas poñer no blog.
Que tal todo teacher?
Bicos
Publicar un comentario