lunes, abril 27, 2009

Caza talentos

Vivimos días nos que a búsqueda de talentos xogha un papel fundamental dentro da proghramasión da tele a nivel mundial. Atopar xente cotidiana e aparentemente corrente con cualidades asombrosas, parese que nos entretén e nos congratula. Por que será?
Será porque todos no fondo nos identificamos con eles e mismo nos ghustaría tamén ter un don que nos diferensie do resto??
Bueno deixando a un lado os rasonamentos filosóficos, entremos a valorar xente corrente que se dá a conoser e mismo triunfa nestes reality.
Quen non conose xa a mediática Susan Boyle

Como xa poderiades comprobar non se permite copiar o códigho pa colghar os vídeos deste proghrama por eso ides ter que ir vos mism@s a YouTube, e ver as 3 actuasións.




Pero eu quédome con esta nena, será polo traxe de ballet que sabedes que me cautiva??




Ou esta familia que resulta super simpática




E xa nas cadenas d'aquí pa min de momento a actuasión que máis me impresionou foi esta en Fama dun rapás catalán que baila Krump e que fixo xunto coa súa parella de baile esta marabilla.





E como ahora estamos xa cos castings de OT 2009 aquí tendes algúns dos personaxes que máis me chamaron a atensión xa ben sea por morro, xa por cantar ben:

Este primeiro é un chaval xitano que ten un morro tremendo, un tanto desastroso aprendendo as letras... Eso sí doulle a rasón nunha cousa, a Noemí fálalle de que ó programa se presenta xente moi preparada, e que el non ten experiencia, e eu preguntome que se busca talento ou experiencia?? Porque eu creo que a xente que vai de sobrada tampouco pinta nada nun reality destes.Bueno aquí o tendes, entre outros menos chamativos.



O meu favorito xunto con Bony Tayler é este rapás catalán que fixo un casting cunha versión dunha conosida cansión de Green Day: Víctor Púa



Tamén destaca unha rapasa que é a doble de voz de Bony Tyler e que ten solo 16 anos aínda que non o paresa. Pero bueno eu de momento por chamativo quédome con este neno que ten un aire a Fernando Torres ou non ??

jueves, abril 23, 2009

Russian Red

Aquí tendes un pequeno resumen de quen é Russian Red, unha rapasa á que lle ghusta cantar e que deside colghar unha cansión en MySpace e así salta á fama. Non me dighades que non ten unha vos envidiable, bueno, a min ghústame.
Uns denominan o seu estilo como country asucarado, outros falan de folk de caramelo, bueno, opinade por vós mism@s.



Como vedes a rapasiña xa empesa a ser famosa e atrévese con alghunha cansión desas que viven no fondo das nosas pobres mentes musicales.



Versión da canción de Cindy Lauper "Girls just they wanna get fun"


Bueno, deixovos cun avanse do que veremos o sábado na sala Capitol aquí en Santiagho, que non ten desperdisio. Esta é unha das cansións máis conosidas de Russian Red, de momento!Recoméndovos que lle compredes o CD pois a rapasa meréseo, xa que comparteu de gratís o seu talento en internet, como a todos tanto nos ghusta, e pensade que dentro de nada faran dela un producto totalmente diferente que probablemente se volva unha trapallada menos intimista. Bueno, ala cheghou por hoxe de lecsións de música.



Ah! Outra cousiña a ver se entre todos tratamos de pronunsiar ben o nome que dá un pouco de rabia oílo como "rusian" cando debe ser "raxan". Se pronunsiamos ben Michael Jackson cando aínda non existía Opening en España, por que non intentamos ahora non espanghlisar algho que se chama como se chama?

jueves, abril 16, 2009

Anuncios creativos


Esta entrada está relacionada ca serie de ilusións ópticas publicadas en entradas anteriores. Aquí tendes varios anunsios publisitarios que usan outros elementos ou pasan a formar parte deles de forma moi curiosa. Ou o que é o mismo anunsios creativos en lugares inusuais.
Esta primeira imaxe mostra un anuncio de pasta que como podedes está moi ben pensado.


Esta peineta nos cables da lus, non anunsia peines, senón un acondicionador dunha conocida marca.




Bueno, neste as explicasións sobran, claramente se ve que o paso de peatóns foi pintado con ese bote de tipex enorme.


Aquí podemos ver un anuncio do Mini creando unha ilusión óptica, realmente esta xente non está entrando coche, senón na estación de tren de Zurich.

Nesta última móstrannos o ben que cortan estes cuchillos de maneira moi peculiar.

martes, abril 07, 2009

Papel Maché


O ano pasado publicaba aquela entrada sobre os ovos de pascoa decorados, que moit@s recordaredes, como unha alternativa p'@s que non vos ibades de vacasións e non tiñades moito en que invertir o tempo. Aquí tendes alghunhas imaxes pa refrescar a memoria.



Podédela usar como modelo para decorar os vosos propios ovos, a verdá é que son super coloristas, pero alghúns teñen un traballo tremendo.


Bueno este d'aquí cólgoo non pa que o usedes como modelo, pero é que me tiña unha pinta boísima!

E aquí tendes o maior ovo de chocolate da historia. Fixérono en Bélxica no 2005. Medía 8 metros de altura e 6 metros de diámetro. Pesaba 1,9 toneladas. Oito días lles levou a 6 traballadores dunha empresa de chocolates belgas.



Volvendo a tema, como non me ghusta ser repetitiva nas entradas ente ano propóñovos algho novo, algho no que invertir tamén o tempo ocioso. Aquí tendes algunhas cousiñas que se poden faser con papel maché.
E para @s que xa esperimentastes co papel maché antes, aquí tendes un proxecto moi fasiliño , non vos minto está feito neste material.
Esta última creación seguro que vos chifla, sobre todo a Cris, non me dighades que non está ben, hasta lle puxeron a chupa que usa pa ir na moto.