jueves, mayo 13, 2010

Alice


Tras varios intentos pa escribir, por fin a entrada de San Pimpín, non houbo maneira. Estouche un pouco seca de ideas. Teño que reconoser que o dito de "pasou o día pasou a romería" é unha realidá no meu caso.
Bueno, este ano 2010 non hai entrada.
E como xa me apetesía volver a tomar contacto, porque se eu non escribo as Pegis tampouco lle dan as teclas, pois alá imos.
Como todo o mundo sabe a nova Alice in Wonderland de Tim Burton está arrasando. Normal, a verdá que é un director peculiar e único, calquera persona pode distinguir unha peli súa, co cal xa pasa a ser (pa min) un artista.
É desir un é un artista cando aquelo que crea se distingue do resto e aínda máis cando se identifica algo con este/a sin que este/a o firme.
Bueno déixome de parrafadas, que tendes que ir a ver a peli.
A que ven todo esto? Pois como siempre a miña mente diverxente que nunca descansa, e acordeime de Alicia a raís dunhas imaxes que encontrei nos meus multiples viaxes á deriva pola rede.
Estas que tendes aquí son esas imaxes que me chamaron a atensión, versións dos clásicos de Disney e que espero que algún día o Tim Burton se decida a faser.
Se Alice fora en dibuxos animados de Tim Burton sería algo así.




Como vedes os dibuxos sonche un pouquiño gore pero son desde o meu punto de vista unha marabilla. Non me dighades que non estaría ben ver unha versión así dos edulcorados contos de Disney que siempre acaban ben, bueno menos Pocahontas, claro. E non sei por que teñen que acabar ben, se total xa lle crearon trauma ós rapases nos des primeiros minutos onde soen morrer familiares dos protaghonistas ou pasarlles calamidades varias. E non é por seren fieles os relatos orixinais, senón por que a Sirenita que acaba mal no clásico, eles fan que acabe ben??



Xa vedes que non teñen desperdisio.
Por serto o creador destas "twisted princesses" é Jeffrey Thomas.


Pero xa que falamos dos temas que ofrecen tanto o audiovisual como a literatura infantil e xuvenil, vouvos recomendar un libro que está entre os meus favoritos para tratar o tema do medo cos máis pequenos, e non tan pequenos. (Pegi recoméndoche que empeses por este: A Bruxa Regañadentes a ver se por fin conseghimos que vexas cuarto milenio sola).




Se queredes atopar máis lecturas interesantes de medo recoméndovos que visitedes a Praza das Letras, ides encontrar moitos libros pa traballar tanto na clase como nas vosas casas.
Buenooo! Xa parese que estou puestísima en literatura infantil. Pois non, é que os meus últimos meses de embaraso paseinos metendo libros no Meiga, e claro acaba unha sabendo un pouquiño máis.
Bueno, por hoxe nada máis: Colorín colorado este conto está acabado.

3 comentarios:

CRISSS dijo...

Por fin!!!
Moi boa a entrada, pero é unha pena que nos quedemos sen San Pinpín 2010.

Martina Bugallo dijo...

Xa pero non vai Cris. Non sei por que pero non a dou arrancado. Que ó final escribistes algo no de Lingua de Amor?? Anímate, é divertido.

Ri dijo...

Martina is back!! yupi!