sábado, mayo 14, 2011

Manualidades varias


Hoxe imos ver alghunhas cousas fásiles e moi vistosas pa faser cos nenos (casa, escola...). Todas elas con papel por suposto, xa que a temática destes días é esa como podedes ver.
A primeira é esta Bird Card, é unha postal pop-up, do máis fásil pa que os nenos decoren. Se fasedes click sobre ela levaravos á páxina de onde a saquei, e donde podedes descargar os patróns e as instruccións.
Tamén temos maquetas de edifisios e incluso vilas enteiras aquí tendes unha moi chula de Islandia. Bueno, este proxecto sería pa nenos maiores e mesmo adultos pois ten un serto ghrado de dificultade. Facede click para ver os patróns.



Tamén temos algún que outro paper toy de personaxes famosos como é este de Hoops and Yoyo.



Aquí temos outra opción, esta ves trátase dunha ovelliña feita con fío de calsetar, que nos recorda a Shaun the sheep. Esta serie, que vos recomendo, é dos creadores de Wallace e Gromit. Como vedes esta shaun-pompón é moi fásil e rápida de faser e o resultado é moi bo. Temos no prinsipio da entrada outra versión desta con xersei, pero bueno, esta xa sería p'@s que sabedes calsetar.

No hay comentarios: