viernes, julio 08, 2011

Babushkas


Como estou de vacasións, e de momento non me marcho de viaxe, perdo o meu tempo como máis me ghusta naveghando pola rede e buscando chorradas varias.
Estes días teño lighado o tema de internet á costura, pois estou fasendo un suxeitalibros con forma de matrioshka. Empesei usando como modelo un que xa teño que comprei nunha fantástica tenda que hai aquí en Bertamiráns de verdadeiras marabillas feitas á man: MICA. E finalmente acabei buscando pola rede posibles modelos da miña propia Babushka. Aquí tendes alghunhas das que encontrei.
Bueno estas primeiras que vos mostro son de TADPOLE CREATIONS.






Estas outras, que a min personalmente xa non me ghustan tanto, son de ZOUZOU DESIGN.
Eso si, teñen estas outras muñecas de trapo, que si me chamaron a atención e que eu non conosía, que son as Scottish Iona Art Dolls. Que non sei por que pero a miña sinapsis mental levoume a asosialas con Cris!!??



E por Último estas tan simpáticas con outras pequeniñas dentro do bolsillo, que pertenesen a OLLIE ROSE.

5 comentarios:

Ri dijo...

eu pídome unha!!

Anónimo dijo...

Que ben o pasas...!!

Martina Bugallo dijo...

Pois hoxe comprei unhas telas chulísimas que non vos podedes imaghinar, vanme quedar unhas matrioshkas alucinantes!

Anónimo dijo...

a ghastar, a ghastar...!

Martina Bugallo dijo...

siempre tes que entrar pa faser estes comentarios parvos, pois pasa!
Depois falas de min que nunca miro os teus enlaces do face...