miércoles, agosto 24, 2011

Lydia Monks


Aínda que teño moitas fotos do meu viaxe a Inglaterra por colghar, cousa que xa fixen a través do facebook, vou empesar con esta entrada sobre unha ilustradora que acabo de descubrir.
Que como a descubrín? Pois esta ves non foi lansando a rede, senón a través dun libro que comprei nun mercado dun puebliño en Inglaterra. Pero esperade que vos conto.
Pois ben, o último día no Reino Unido pasámolo visitando sitios cercanos a Dover, que era onde collíamos o ferry, e nun deses puebliños estaban en festas (noria, exposisión de coches clásicos dos vesiños da sona, carreira de burros...) e un mercadillo medio benéfico cun sin fin de oportunidades. Podías comprar mermelada casera, libros, discos, xoguetes, porcelana... Contribuíndo a unha boa causa.
E entre todas as cousas que compramos que non foron poucas, eu fíxenme cun sin fin de libros. E como non iba a comprar?!, se comprabas lotes por unha libra!!. Cheghabas a un puesto empesabas a mirar e libros de Spot, Charlie & Lola, atlas pa nenos do Reino Unido... E flipabas cando che desían todos os que tes na man por unha libra? Como mola "comprar libros por unha libra", pilládelo?
Así foi que a caravana en ves de caravana era unha biblioteca con rodas.
Bueno, pois entre estas gangas adquiridas, fíxenme cun libro chulísimo que se titula Falling for Rapunzel, ilustrado por Lydia Monks. E entón hoxe revisando todos os libros en inglés que comprara fixeime neste e decidín indagar, esta ves si a través da rede ,sobre a ilustradora. E aquí tendes o link á súa páxina. Nela podedes ver todos os seus traballos, que non son poucos!



No hay comentarios: