viernes, julio 27, 2012

Al mal tiempo buena playa



Aproveitando o festivo do 25 decidimos ir de praia, pero finalmente unha terrible bruma, borraxeira, ou como queira que se chame chafou un pouco o noso día. Entón desidimos facer turismo e visitar unha pequena factoría de baleas, abandonada claro, que queda moi aghachada. Está en Caneliñas en Cee. Aquí tendes unhas poucas fotos do sitio e de Barbareta que como vedes xa está moi medrada.



Tendes tamén este pequeno vídeo sobre a baleeira de Caneliñas.


^Para ver este vídeo un pelín máis completo feito por RTVE facede click  sobre a dirección:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/canelinas-ultima-factoria-ballenera-espana/810482/

jueves, julio 26, 2012

Carol Marine

Un dos blogs que sigho habitualmente, e que me ten absorta é o de unha pintora americana (de Oregon) que se chama Carol Marine.
Descubrina a través da páxina de Daily Paintworks, que tamén sigho, e que non ten desperdisio, pois os diferentes artistas van pintando casi a diario e subindo o seus cadros pa que a xente os poda comprar a través da web, ademais de atopar enlases ás súas galerías e blogs.
Aquí tendes algunhas das obras de Carol Marine, que prinsipalmente pinta bodeghóns, pa min expectacular captando a lus en vidro e cerámica!
Se visitades o seu blog podedes ver os grupos ós que lle dá clase, e mesmo fotos dela nos seus viaxes, fotos familiares...









Creo que intentarei comprar algho dela, por serto tamén ten uns cantos libros publicados.

jueves, julio 19, 2012

Blog de Pintura

Un dos obxectivos destas vacacións vai ser volver a pintar. Ou polo menos acabar cousas que xa teño empesadas.
Hoxe volvín a apareser polo meu blog de pintura, que espero que a partir de setembro volva a encherse de entradas. Subín un cadro que pintei xa hai algún tempo, pero que o tiña medio perdido. Finalmente aí o tendes pasade se vos apetese ver algho máis das cousas que fagho. Solo tendes que pinchar aquí ou na serea que ilustra a entrada.

viernes, julio 13, 2012

Wool & Water

Outra das marabillas atopadas en ETSY é tamén esta ilustradora/creadora, chamémoslle como sea. Teño que reconoser que a min me cautivaron os seus "art toys".  Por eso desidín dedicarlle unha entrada exclusiva pa ela. Pois ben Amy Earles fai cousas como estas, vede e opinade!

 
 













Cute creations

 Aquí tendes máis cousiñas que fun encontrando por Etsy como sabedes páxina que frecuento.
Estas xoias feitas usando os osiños de gominola son do máis coloristas. Aínda que estas que se ofrecen en Etsy son de resina. Pero son unha idea curiosa pa faser, a modo de experimento, barnizando os osiños con algún barniz espesial deses das tendas de manualidades.




Outra cousa "cute" como idica o título da entrada son estes gnomos con gorros de diferentes cores son chulísimos.


Ultimamente tamén están de moda as cousas feitas empleando esa especie de abalorios de plástico que podemos atopar en grandes botes para coles, por exemplo en IKEA. Son como cachiños de tubito de plástico que se colocan sobre unha base desas de pinchos blancos e despois se lles dá calor ca prancha quedando así pegados formado unha estructura uniforme. Aquí tendes algún exemplo.


Outra das cousas atopadas son estas mariposas de azucre a modo de decoración para doces do máis colorista.





 Por último acabo con creasións en fieltro variadas. Non me dighades que este móbil non é do máis cuco?!
  


Este broche de fieltro dame ideas de posibles actividades a facer en plástica este ano que entra: levar cortados varios peixes (a forma me refiero) de diferentes cores, levar tamén lentejuelas de diferentes cores e cunchas pequenas, así cada quen fai a súa composición como considere, pegarémoslle o ollo, as lentejuelas a modo de escamas...
  


Bueno, remato con este marcapáxinas tan orixinal e tan raposeiro!
Como vedes foi unha entrada un pouco embarullada, pero bueno, como xa dixen todas as imaxes collinas en Etsy.

sábado, julio 07, 2012

Bebidas frescas pa días de chuvia


 Como finalmente vivimos días de inverno neste mes de xullo, a miña entrada non vai estar moi en sintonía ca climatoloxía, pero bueno.
Pois ben como estes días a temática que me ronda vai sobre cociña, repostería, broches outra ves... Buscando unhas imaxes pa diseñar uns broches customizados, atopei por casualiadá, como suelen apareser as boas cousas, unha páxina brasileira de cousas curiosas. Estas son algunhas das imaxes. As que máis me chamaron a atensión foron estas cubiteras tan peculiares.



 Pero tamén temos cousas curiosas como estes vasos a modo de ilusión óptica.


 Estas bolsas, que lle quitan a ghana de comer a calquera. Se non queredes que vos rouben o bocadillo aquí tendes unha divertida maneira de evitalo.

 Estes platos para nenos tamén son bastante simpáticos, e recórdanme un pouco a Pegi. É unha maneira moi divertida de presentarlle os alimentos ós nenos, sobre todos eses que menos lles gustan.



Onde atopei todo esto?, nesta páxina, só tendes que pinchar sobre o logo.