viernes, julio 13, 2012

Cute creations

 Aquí tendes máis cousiñas que fun encontrando por Etsy como sabedes páxina que frecuento.
Estas xoias feitas usando os osiños de gominola son do máis coloristas. Aínda que estas que se ofrecen en Etsy son de resina. Pero son unha idea curiosa pa faser, a modo de experimento, barnizando os osiños con algún barniz espesial deses das tendas de manualidades.




Outra cousa "cute" como idica o título da entrada son estes gnomos con gorros de diferentes cores son chulísimos.


Ultimamente tamén están de moda as cousas feitas empleando esa especie de abalorios de plástico que podemos atopar en grandes botes para coles, por exemplo en IKEA. Son como cachiños de tubito de plástico que se colocan sobre unha base desas de pinchos blancos e despois se lles dá calor ca prancha quedando así pegados formado unha estructura uniforme. Aquí tendes algún exemplo.


Outra das cousas atopadas son estas mariposas de azucre a modo de decoración para doces do máis colorista.





 Por último acabo con creasións en fieltro variadas. Non me dighades que este móbil non é do máis cuco?!
  


Este broche de fieltro dame ideas de posibles actividades a facer en plástica este ano que entra: levar cortados varios peixes (a forma me refiero) de diferentes cores, levar tamén lentejuelas de diferentes cores e cunchas pequenas, así cada quen fai a súa composición como considere, pegarémoslle o ollo, as lentejuelas a modo de escamas...
  


Bueno, remato con este marcapáxinas tan orixinal e tan raposeiro!
Como vedes foi unha entrada un pouco embarullada, pero bueno, como xa dixen todas as imaxes collinas en Etsy.

No hay comentarios: