lunes, agosto 13, 2012

Oil and Water

Un dos primeiros pintores que máis me ghustaron pola súa perfección ou realismo pintando foi Douglas Brega. Este acuarelista americano esconde unha curiosa historia, foi xemelo: Douglas e David, e os dous irmáns se dedicaron á pintura. Os dous realistas, pero os dous decidiron dedicarse a un medio concreto, David= oil (óleo) e Douglas=water (acuarela).
Os dous gozan de gran prestixio e reconosemento en América pois como podedes observar os seus traballos son impresionantes.
A min, personalmente, gústame Doug pola temática, a pesar de ser acuarelista, mentras que David non.
Naceron en Springfield (Massachusetts). David digamos que consigheu máis fama que o seu xemelo, pero os dous ademais de estudiar no mesmo sitio, dedicáronse á pintura. Bueno, sighen pintando se queredes comprar algho do meu favorito aquí tendes un enlace a unha galería que ten algunha obra súa dispoñible, aí tamén podedes ver como é na actualidade... Quidley & Company. Esta galería céntrase en obras de realistas e impresionistas solamente, o cal é de aghradeser nos tempos que corren.



Pois ben xa fixen algún que outro intento de pintar algunha das obras de Doug, aínda que non tan ben como el claro, senón xa estaría vivindo desto.

No hay comentarios: