Último día do ano, e para despedilo ben cunha entrada neste blog que cada vez teño máis abandonado.
Hai un par de días, desde que os nenos durmen empesei a practicar retrato, escollín unha foto dunha actriz famosa que é a protagonista dunha serie da fox, que se chama New Girl. Non por nada especial, non son fan nin eso, pero sí me gustan as fotos desta actriz, e considero que é unha modelo ideal, véxanse os ollos que ten, para darlle, un pouco ó retrato.
Pois esta é a evolución, primeiro esquema a toda leche, algo que me costa, pois eu son de dedicarlle moito tempo ó dibuxo e na pintura tal e como estou aprendendo é unha pérdida de tempo inútil. Depois dando cores aproximadas e logo imos ó detalle. Non está aínda acabada. Non esperedes un super retrato, fiel ó modelo. Conformádevos con que, polo menos non paresa unha das protas del planeta de los simios.
Bueno, falta aínda moito así que non ser moi crític@s comigho, e felís ano!
As fotos tampouco son moi alá, son feitas co móbil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario