lunes, mayo 02, 2011

Paper toys



Fantastic Toys ten desde muñecas de papel pa vestir con cantidade de complementos a estas tan coloristas casiñas de papel, gnomos...
Como suele pasar con todo o bo non son gratis, hai que descargar os pdfs pagando, pero bueno, sírvennos pa darnos ideas para elaborar os nosos propios xoguetes de papel, tanto para adornar a aula, para regalarlle a algún cativo, ou mismo pa pasar o tempo.
Este ano, que é o ano dos bosques, e que en moitos coles andades a voltas co tema, aquí tendes algunhas ideas.
Como non as miñas favoritas son as matrioscas, claro! Son moi coloristas, a que si?Se queredes visitar a tenda solo tendes que faser click sobre o logo do principio.














De papel


Cuns cantos papeles que nos ghusten, tixeiras e peghamento podemos faser cousas tan chulas como estas.

Go make me




Asklaver
Paper portrait é como esta artista denomina esto que fai. A min recórdame a unha actividade que nos mandara facer Xabier Cabo en artística, e que consistía en coller un cadro famoso que nos gustara e refacelo recortando cachos de papel, é desir "deconstruíndoo" mediante recortes.




martes, abril 19, 2011

Unha de setas




Como che andamos no cole a voltas co LIM (un programa de creación de actividades p@s alumn@s) ándoche pola rede buscando imaxes de setas pas actividades e atopeime por casualidá con esta páxina tan mona.
Bueno supoño que a moitos non vos vai ghustar pero bueno, a min personalmente paréseme bastante chula. Bueno, a páxina é dunha chica-señora-chamémoslle X de Seatle que ademais de criar fillos: dibuxa, borda, fai patch,faille roupa ós fillos, cosiña, escribe un blog... É desir que che é moi polifasética.



Se queredes ver un pouco máis do que fai aquí tendes o link á súa páxina.

domingo, marzo 27, 2011

Lady Desidia


Hoxe desidín que me iba tomar a tarde pa min, e salín a comprar algunha cousiña. Comprei 2 caixas de madeira pa decorar, pensaba en pintalas, pero despois cambiei de idea e empesei a pensar en decorala con recortes cunha super cola que teño que fai marabillas. Pero claro despois deime conta que era sábado, e que había que ir entrenar, con lo cual a actividade quedou sin tempo material pa poñela en prática.
Xa cando volvín de entrenar tuven ocupasións varias, entre elas Bárbara claro, e tampouco me puden poñer co meu cometido, co cal ás tantas xa non eran horas pa poñerse con todo on tinglado, e pensei en atopar cousas por internet interesantes pa lle pegar ás caixas.
Buscando cousas que me chamaran atensión pa lles poñer encontrei unha super páxina de cousas desas que son dignas de mensión: Lady Desidia, se chama.
Aquí tendes unha mostra, fan broches, anillos... Pero cunhas ilustracións de 10 pa min. Mirade e xuhghade por vós mism@s.









Cris! Esta recordoume a ti cando a vin, e sobre todo a aquela enquisa que colgaras no teu blog.







Por serto se queredes comprar creasións de Lady Desidia solo tendes que visitar a páxina e ver a tenda máis cercana. Para nós temos unha en Bertamiráns (Mica) e creo que hai outra en Santiago con estes broches.