martes, abril 19, 2011

Unha de setas




Como che andamos no cole a voltas co LIM (un programa de creación de actividades p@s alumn@s) ándoche pola rede buscando imaxes de setas pas actividades e atopeime por casualidá con esta páxina tan mona.
Bueno supoño que a moitos non vos vai ghustar pero bueno, a min personalmente paréseme bastante chula. Bueno, a páxina é dunha chica-señora-chamémoslle X de Seatle que ademais de criar fillos: dibuxa, borda, fai patch,faille roupa ós fillos, cosiña, escribe un blog... É desir que che é moi polifasética.



Se queredes ver un pouco máis do que fai aquí tendes o link á súa páxina.

domingo, marzo 27, 2011

Lady Desidia


Hoxe desidín que me iba tomar a tarde pa min, e salín a comprar algunha cousiña. Comprei 2 caixas de madeira pa decorar, pensaba en pintalas, pero despois cambiei de idea e empesei a pensar en decorala con recortes cunha super cola que teño que fai marabillas. Pero claro despois deime conta que era sábado, e que había que ir entrenar, con lo cual a actividade quedou sin tempo material pa poñela en prática.
Xa cando volvín de entrenar tuven ocupasións varias, entre elas Bárbara claro, e tampouco me puden poñer co meu cometido, co cal ás tantas xa non eran horas pa poñerse con todo on tinglado, e pensei en atopar cousas por internet interesantes pa lle pegar ás caixas.
Buscando cousas que me chamaran atensión pa lles poñer encontrei unha super páxina de cousas desas que son dignas de mensión: Lady Desidia, se chama.
Aquí tendes unha mostra, fan broches, anillos... Pero cunhas ilustracións de 10 pa min. Mirade e xuhghade por vós mism@s.









Cris! Esta recordoume a ti cando a vin, e sobre todo a aquela enquisa que colgaras no teu blog.







Por serto se queredes comprar creasións de Lady Desidia solo tendes que visitar a páxina e ver a tenda máis cercana. Para nós temos unha en Bertamiráns (Mica) e creo que hai outra en Santiago con estes broches.

lunes, enero 03, 2011

Mark Ryden

Deste autor xa subín hai alghún tempo alghunhas ilustracións. Pero mirando vídeos de Lacombe atopei este de Mark Ryden con ilustracións que eu non vira. A verdá é que xa estamos noutro nivel, entre o gore e o macabro, as ilustracións póñennos un pouco os pelos de punta, pero son boísimas tamén, non credes?
Pertenese ó denominado Surrealismo Pop (Pop Surrealism).

domingo, enero 02, 2011

Benjamin Lacombe


Esta entrada ven a ser a 2ª parte de Genealogía de una bruja, pois tras publicar a entrada busquei sobre o ilustrador do libro en internet e moi ghratamente atopei unha pedaso páxina del na que se poden atopar marabillas. Aparecen as súas publicacións en diferentes países e se facemos click sobre a esquina inferior dereita poderemos pasar as páxinas dos libros, a todo esto ambientado cunha música moi apropiada. Bueno, creo que vai pasar á miña pequena lista de ilustradores favoritos, na que xa están Arthur de Pins (debuxante do que tomo as ilustrasións para as entradas de San Pimpín) e Rebecca Dautremer (Babaiaga).
Aquí tendes algunhas das súas publicacións en España:

Deste libro temos un vídeo de youtube que a min me encantou, como vemos trátase dun pop-up book, vede e xuzgade, non me dighades que non é unha pasada!!







Na súa páxina tamén podemos atopar publicacións en outros idiomas:



Se a alguén quere saber un poquiño máis das inquietudes deste artista, solo tendes que facer click sobre esta última imaxe pa acseder ó seu blog.


E pa acabar aquí tendes ó propio autor falando nunha entrevista para un canal imaxínome que francés.

Genealogía de una bruja

Tras unha visita a unha gran área comercial de Santiago en compañía das Pegis, Cris atopou un libro deses que merecen a pena, non solo pola temática senón polas ilustracións.
Finalmente Pegi desideu regalarllo polos reis, e eu tras visionar o de Cris (que xa o ten), decidín que tamén llo vou pedir ós reis.
É un libro dos denominados albumes ilustrados que xa viamos co de Babaiaga.
Pois ben, este é o resumen do libro (EDELVIVES).

Sinopsis: Caja regalo que contiene dos libros bellamente ilustrados. Un álbum en el que Lisbeth, una niña normal que tiene el extraño don de acabar las frases que dicen los demás, descubre en casa de su abuela un libro que le desvelará quién es en realidad.
La caja también contiene el libro que encuentra Lisbeth: una original genealogía de brujas que recorre leyendas, mitos, hechos reales y tradiciones a lo largo de la historia. Medusa, Yama Uba, Juana de Arco, Malvina, Mambo o Mona Lisa son algunas de las peculiares brujas que recoge esta maravillosa genealogía.

Este libro cunhas ilustracións, como xa dixen impresionantes recordoume a Raquel, que andas por aí? Pois ben, Román ponte as pilas que este sería unha fantástica opción pa regarlle a Raquel. Seghuro que lle ghustaría.
Bueno, se alguén coñece algún libro neste estilo que nolo recomende.
Deixovos ca primeira entrada deste 2011, e con algunhas imaxes máis do libro.



domingo, octubre 10, 2010

10 do 10 do 10

Hoxe é o 10 do 10 do 10, e ademáis estou de cumple. A verdá e que é unha data moi rara, unha combinasión un tanto máxica pa min, pero teño que reconoser que me dá un pelín de mal rollo, por eso xa desidín que hoxe non vou salir da casa. Tocará comilona con toda a family.
Non é unha entrada moi traballada pois non teño moito tempo, teño que poñer a mesa, preparar o marisquito...
Bueno que teñades un bo triplemente 10!!

jueves, agosto 05, 2010

Kieron Williamson



Fai dous anos o pai de Keith Williamson, tuvo un acsidente e tuvo que deixar de traballar como electrisista. Keith deixou de realisar actividades ó aire libre con seu fillo, e empesou a dedicarse a temas relasionados co arte no seu piso. Así foi como Kieron empesou a entretenerse cas pinturas ós 5 anos. Pai e fillo empesaron a aprender xuntos sobre arte.
Como viron que ó rapás se lle daba ben, seus pais buscaron artistas locales para que lle deran clases.

Nunha exposisión cos seus cuadros nunha galería, en catorse minutos xa se venderan todos por un valor de 16.200 libras (20.450 euros) por 16 pinturas ó pastel. Con sólo 7 anos, o neno inglés cotísase como un artista casi profesional. Hai una lista de espera de 680 compradores e os cuadros non os vende por menos de 1000 euros.

Xa vedes un ghenio, aínda que hai prensa que fala de "truco de marketing", quen sabe. Oghalá que non!

jueves, julio 29, 2010

Gone with the sea

Recordades aquel anunsio no que saían non sei cantos patos de ghoma, p'ós que non vos acordades:




Pois ben o domingo unha das miñas chanclas máis queridas desideu vivir unha aventura paresida, bueno máis ben as dúas pero unha delas non consigheu escapar, a outra si. Ahora unha debe andar á deriva quen sabe onde. Podería ser un arghumento dun conto disney, unha nova versión da Senisienta, pero esta ves sería un mariñeiro, un sireno, etc. o que encontraría a chancla e buscaría a dona desta...
Bueno, ou algho así. É a seghunda ves na miña vida que teño que marchar descalsa pa casa, pero a outra ves as desaparesidas foron dúas chanclas neghras que estaban moi noviñas e a alghén lle encheron o ollo.

Pois ben se alghén atopa unha chancla castaña moi sensilla e bonitiña á deriva ou enterrada na area, que me deixe aquí un mensaxe, prometo faserlle un ghran reghalo.
Bueno quédame este recordo dela cando aínda non abandonara á súa parexa.
Espero que a foto vos axude a identificala se a encontrades.

sábado, mayo 15, 2010

Broches + creacións varias + reciclaxe


Como xa sabedes é habitual que fagha entradas relasionadas con manualidades de todo tipo, sobre todo de fieltro.
Hoxe vou publicar outra relasinada ca creasión de cousiñas diversas, a páxina é esta:

(click here)

Aquí ademais de mostrarvos enlases a páxinas xa conosidas no mundo do fieltro como Dimes y Diretes dos que xa colguei imaxes en entradas anteriores, ides atopar enlases a páxinas realmente boas e que vos poden dar ideas tanto para as vosas clases como para as vosas horas de leser. Aquí tendes alghúns exemplos:





Estes broches están feitos do plástico das botellas dos productos que temos pola casa (deterxentes, tarrinas de alimentos...), como vedes é unha orixinal maneira de reciclar. A creadora é Karen Barbe.


Tamén encontramos como facer un collage cos papeles se regalos e bolsas de papel que solemos ghardar porque nos paresen chulos, pero nunca sabemos que faser con eles.

Pois ben aquí temos unha útil e decorativa aplicasión.
Neste exemplo a composisión fórmase a parti de cachos destes papeles seguindo un mismo patrón, neste caso unha masán. Mirade que colorista!!



Marta Espinach é especialista en plástica nunha escola pública de educación infantil e primaria de Barcelona. Nesta escolaela creou un blog Artistes a les Corts para que os pais puderan seguir máis de cerca todo o traballo que se fai na aula de plástica. Neste blog

ela mostra proxectos moi interesantes:

Este por exemplo do grabado recórdame a uns que tuvemos que faser nos en maxisterio co profesor de plástica Javier Cabo.


Outra maneira de reciclar é fasendo uns sellos a parti duns tapóns de refresco que teñamos pola casa e como fan nesta páxina the long thread.


Falando de reciclaxe mirade esta páxina: Grosgrain na que che dan ideas para reciclar, bueno máis ben reutilisar, os teus sapatos vellos, tuneándoos. Xa sabedes nada de tirar o calsado estropeado, dádelle unha seghunda vida!!