lunes, mayo 12, 2014

Late night drawing


Unha das cousas productivas de beber té durante o día e que suele conlevar a consecuensias nocturnas, insomnio, aumento da creatividade...
Pois como resultado dunha gran botella de té frío, sale este pequeno boseto de Katy Perry.
Materiales empleados: un cartón deses de sobre ríxidos nos que me soen mandar os libros de amazon, por detrás dibuxado por bárbara, uns lápises de dibuxo Contè, adquiridos entre as gangas de Aula 25 (D. E. P.), e unha foto desta cantante, que imprimín xa hai algún tempo para pintar ó óleo. Xa se verá se chegha tal día.
Aquí tendes o resultado.




lunes, febrero 03, 2014

LET IT SNOW!


Unhas cantas imaxes deste fin de semana. A visita á neve en monte Faro, que a Bárbara non lle gustou nada de nada, a visita máis desepsionante despois do acuario da Coruña onde "solo había peixes".


E a pesar de ir a lo matryoshkas a Barita prefireu meterse no coche ó quente a tomar a merenda.













A que millor o pasou fun eu por suposto, como siempre digho son de clima frío.


Despois de tanta chuvia a neve sóubome a ghloria!!!

Deixovos con esta marabilla que está pintada na fachada dun edificio e Cerdedo.


jueves, enero 02, 2014

David Curtis



Entre os grandes pintores que admiro atópase David Curtis, para min un paisaxista sin igual. Nacido en Doncaster ganou numerosos premios e os 40 anos consigueu vivir da pintura. Que a verdade tenche bastante mérito nos tempos que corren!
Este é el,


e estes son algúns dos seus cadros.












jueves, diciembre 26, 2013

Gelukkig Nieuwjaar


Antes de comensar o novo ano, que esperemos, sexa un pelín mellor que este sigo enganchada a Pinterest. Se queredes ver en que perdo o tempo ultimamente solo tendes que entrar e buscar os meus tableiros, pins... Sobre cousas para a escola, decoración, pintura...
Pois ben, esta entrada aparece a partir dun pintor holandés que acabo de atopar en pinterest, e que debe ser boísimo. Eso si peculiar onde os haxa, como digo sempre un artista dos que reconoses unha obra tan pronto a ves. Pero antes de deixarvos con algún dos seus cadros desirvos que a través deste cheguei a unha páxina, e a outra, e a outra, e a outra ... E aquí tendes algunhas das imaxes que pineei.
A primeira é unha caixa de galletas Verkade que casualmente ten miña nai na casa, as seguintes van descritas a pé de foto.


Olliebollen, típicos por estas fechas, e que tiven a sorte de comer o domingo en casa de miña nai. Son unha especie de bolas de masa frita que poden levar mazá ou uvas pasas e que se fan cunha foriña especial que solo se comercializa en holanda por estas fechas, e non sei se tamén en pascua?
Eso si enganchan, son inimitables.


Estes leváronme a  acordarme dos Poffertjies, que son como unhas micro filloas que algunha vez temos comprado no mercado que levan azúcar glass porriba e un cacho de mantequilla que se vai derretindo encima deles.



FEBO é unha cadena moi útil en holanda para matar a fame de maneira rápida e económica, metes a monediña e unha croqueta, burguer...
Bueno, nada máis por hoxe que reclaman a miña atención!!

O pintor chámase Tjalf  Sparnaay e como vedes a súa pintura encádrase dentro de hiperrealismo.Estas son algunhas das súas obras:




martes, agosto 27, 2013

Angelo Franco


Un dos meus últimos descubrimentos, no que a pintura se refire, é Anelo Franco un pintor realmente peculiar, cun estilo moi propio. Alghén me dixo unha ves un é artista cando unha persona é capás de identificar un cadro pintado por el/ela sin que este estea firmado. E creo que está no certo. Os cadros del son inconfundibles.
Naceu en Ecuador aínda que con 19 anos foise a vivir ós Estados Unidos onde estudiou dibuxo e pintura.
Bueno non me lío deleitádevos cas súas obras.