viernes, noviembre 25, 2005

PORTFOLIOS

Portfolio
De momento aínda non puidemos ter acceso ós portfolios, aínda non se nos plantexou a posibilidade de crear un, pero eu estou realmente interesada. Non para a creación do meu propio, senón para facer un para o club. Este ano pretendemos atopar patrocinadores, xa que o material é caro, MOI CARO!! Pensemos que un barco costa máis de 600 euros, e a pala costa máis de trinta mil das antigas pesetas... O portfolio permitiríanos recoller moita da información do club: historial, notas de prensa, clasificacións, calendarios... É dicir sería unha boa carpeta para gardar todas as cousiñas do Umia e presentarllas ós patrocinadores.
LA COLMENA Normalmente este tipo de traballos levámolos acabo Rita e máis eu, (Peggi para nós). Rita é a porteira do equipo, ca que me comunico gracias a internet, xa que ela está en Lugo. Ata hai pouco eu levaba o tema de prensa: chamar ou enviarlle as notas de prensa: á Voz, ó Diario de Arousa, ó Correo...
No club moitos de nós non somos só xogadores, senón que temos que exercer outras funcións. É como unha pequena colmena na que tódalas abellas temos unha función para que toda a colmena funcione (prensa, subencións, tramitación de fichas, etc.). Estamos abertos a todo tipo de suxerencias sobre posibles patrocinadores, non esquezamos, que é un deporte de élite que se move non só a nivel autonómico. De momento temos no punto de mira a Caixanova e a Clesa, pero aínda temos que ultimar, de aí a nosa presa por ter máis información sobre os portfolios.

Esta da foto é Peggi

No hay comentarios: