miércoles, diciembre 13, 2006

Navidá

Pois xa é navidá!!
Xa volvemos a quitar os adornos todos do faiado:
as
as

Para decorar o tan ansiado

Os máis crentes colocan o:

E incluso os hai que convirten toda a casa nun espectáculo de luces e adornos:

Pero sempre que pensamos nestas datas tendemos a asocialo con:

Isto débese ó noso egocentrismo, pois pensamos que navidá e frío-neve están vinculados e discriminamos ós que viven no hemisferio sur que probablemente pasan así as festas:

E as xentes destes lugares tan cálidos non adornarán abetos na porta das súas casas senón especies autóctonas como esta:

O que tamén resulta absurdo é imaxinar a papá Noel repartindo os regalos con botas abrigo e manoplas en climas cálidos. Pois o homiño suponse que tamén terá un bañador como todo fillo de veciño para soportar a calor:

E se o clima é tan caluroso nada de renos, porque que farían os pobres nun sitio así máis que acabar feitos ó espeto. Entón cabe pensar en que usará algo así como unha tabla de surf, por exemplo:

A nós tamén nos afecta, pois pensemos que aquí tampouco solemos ter neve, o que impediría que os regalos chegasen a destino. Pero non o subestimemos pois sabe máis o raposo por vello que por raposo:

Pois si, papá Noel non se quedou ancldo no pasado é unha persoa que evoluciona e como non ata ten wifi:

O que lle facilita moito as cousas, xa que eso de andar dun lado pa outro éche liante e se ten unha boa base de datos cos diferentes enderezos este ir e vir faríaselle máis fásil:

Algo que tamén está presente en tan sinaladas fechas son as comilonas:

E veña a comer e comer!!

Que si o turrón:

Que si os mazapáns:

Que si os polvoróns:

O champán:

E como non os villansicos que sonan alá onde un vai:

Os que disfrutan nestas datas son os:

Que fan enormes listas de regalos pos reis magos, e ahora hasta pa Santa Claus. E as nais cansanse de comprar e comprar pa satisfacer os caprichosos monstruos que están consentindo cada ves máis:

E nada máis, non pensedes que a min non me gustan estas datas pois pa min supón claramente unha oda á familia, que nós selebramos tamén no verán pero bueno. Pasádeo ben non coller coche se bebedes e disfrutade outra navidá máis, que ó fin e ó cabo e o principio doutro ano máis de seguir vivos.

jueves, noviembre 30, 2006

O mellor blog




Pois ben este é meu BLOG AWARDS, realizado entre 100 blogs visitados ó azar.
E estes son os premiados:

Ó blog máis atemporal:


http://watchismo.blogspot.com/



Ó mellor blog culinario:

http://mtkilimonjaro.blogspot.com/


Ó blog máis desagradable:


http://9961.blogspot.com/




Ó mellor blog crítico:

http://www.25centimetrosdeneve.blogspot.com/



Ó mellor blog deportivo:

http://futsalcastanheira.blogspot.com/

Ó mellor blog de cine e televisión:

http://yumekuroi.blogspot.com/



Ó mellor blog crítica política:


http://infotk.blogs.com/infotk/2004/01/las_tonteras_de.html



E a estatuilla máis ansiada:

Ó BLOG MÁIS HORTERA:

http://mydiversityworld.blogspot.com/


Hoxe toca arte

Guerra & Alaoui

Esta semana téñovos un pouco cabread@s pola miña ausensia. Tranqui que aquí vos brindo unha das miñas entradas e unha das miñas excusas: pois ben estou preparando un cadro pa un concurso, o Angueira que me obligou e xa me vedes a min onte buscando un lienzo dunhas determinadas medidas, porque non lles vale calquera cousa! Xa colgarei no blog de pintura o resultado, aínda que non vos esperedes gran cousa, mentra deixovos mirando esta esposisión de xente que realmente o fai ben. É outro tipo de arte, pero para min é máis arte que algún dos listillos que se moven polos museos de arte contemporánea, ou non? Vos que desides?

Pa os que non vos enterades a foto está hipervinculada á páxina onde teñen a exposición.

jueves, noviembre 23, 2006

Buster Keaton



Pois aí vai a tan esperada foto de Buster Keaton. Parese mentira que a listilla non soubera quen era. Reconose que se parese un tanto a Meder.
E máis nos xestos pois este tampouco se inmutaba por eso lle chamaban "Cara de palo" aquí en Spain, fóra "The Great Stone Face".
Foi un dos tres magníficos xunto con Charlie Chaplin e Harold Lloyd.

A verdá é que o de que Umia é un clu sosial é verdá mira que tema tan interesante nos foi xurdir o domingo.

martes, noviembre 14, 2006

Preparando as u. didácticas



Estes días ando bastante lianda entre peparar o tema, que cada semana nos toca expoñer en clase, e preparar as unidades didácticas. E é que esto de preparar a oposición éche algo moi duro!!
Que conste que a min o de preparar as unidades didácticas me está gustando pois atopei unhas páxinas bastante interesantes con cantidade de materiais, proxectos...
O que teño moi claro é que as miñas unidades van contar moito cos soportes multimedia:
internet, vídeos, actividades interactivas...
Non só porque son unha defensora a ultranza da incorporación destas novas tecnoloxías na aula senón tamén porque, polo visto, un dos novos requerimentos do currículo van ser as competencias a nivel tecnolóxico ( informáticas claro).
Polo momento estou diseñando unha páxina web onde poda ter de modo ordeado, e de forma rápida acceso a todos estes materiais.
Dentro da páxina vou a ter unha serie de apartados:


Onde non van faltar os episodios de Bob the Builder (este macaco de plastilina que está na barra da dereita) cas súas correspondentes actividades de comprensión; hipervínculos a contos interactivos da páxina dos cbeebies; proxectos moi interesantes que atopei nunha páxina que non ten desperdicio e que me proporcionou flashcards de todo tipo...

Hai que esperar para ver o resultado pero creo que este tipo de actividades vanlle ser @s alumn@s moito máis interesantes e estarán moito máis motivados, pensemos que estamos na era do móbil, videoxogo...

Este pequeno vídeo é un exemplo dos numerosos vídeos que vou introducir dentro da miña páxina-unidades didácticas:

Pinchade sobre a foto!!

Este conto en concreto é moi bo para tratar por exemplo a interculturalidade, xa que a protagonista é unha nena china que nos conta como celebran eles o ano novo.

Hai outros moi útiles que nos poden axudar para ilustrar temas de vocabulario...

lunes, noviembre 13, 2006

Cena Umia




Este sábado tivemos a cena do equipo, non sei a razón pola que sairon a maior parte das fotos movidas sólo colgo estas dúas que son as únicas que saen nítidas. Pero supoño que Mary como siempre terá tropecentas pa colgar no blog do Umia.
Como era de supoñer a cena foi en Caldas. A gran momento da noite foi coñecer á mosa de Pacorro por fin!!!
A Peggi dedicouse toda a noite a facer campaña pa reclutar xente para o equipo feminino, que é algo complicadísimo.
Como é un deporte de pasar frío este do kaiak polo hai poucas que se atrevan, e polo xeral hai poucas mulleres ás que lles interese facer deporte.
Espero que algunha muller que entre neste blog se digne tan sequera a vir probar, porque isto é moito máis que un club deportivo e tamén un club social.
Aquí a Peggi e máis eu con cara de dormidas, ou é que nos afectara o viño??

miércoles, noviembre 08, 2006

Trolls

Hoxe síntome como:


Pero non porque me sinta pequena ou teña ganas de fregar o nariz contra alguén, senón porque descubrín que temos dous trolls que nos vixían. Hai que andar con moito coidado, son estes dous que vemos aquí:

Pero ollo porque son moi listos, ou máis ben "listillos" (sobre todo o da dereita), e camiñan entre nós. E para que non os percibamos adoptan esta apariencia:


Así que tende moito coidado co que facedes ou escribides!!


E vos trolls dade a cara XA!!

martes, octubre 31, 2006

Un día gris

Hoxe levanteime e deime conta que era un día gris, deses que non sabes que faser ca moral dun gato deses que vai pola sesta vida, pero aínda pa máis un gato de trapo.

Decides recurrir á comida, fiel compañeira cando a moral está tan baixa, pero non che entra nada:

Entón reflexionas en temas tan filosóficos como: de onde vimos, a onde vou, que lugar ocupo no mundo???

Daste conta que non encaixas, que eres diferente, que non miras na mesma dirección que o resto, son un bicho raro???

Recurres á música, a esas cancións que sabes que che van a animar, pero nada.

Sigues estando inmerso nesa luz gris que trouxo o día sin saber que facer

Entón decides visitar a alguén divertido, que o ve todo rosa, sin problemas nin comeduras de cabeza.

Pero non resulta. E pides consello a ese que sabe de todo, e que sempre atopa solucións.

Pero como non nos suele decir o que queremos escoitar, recurres a quen sempre che dá a razón.

Pero como te das conta que non é o que necesitas buscas cousas máis novedosas, ideas máis descabelladas.

Das que finalmente non quitas nada, e solo acabas pensado está como unha chota!! E decides buscar alguén que se sinta coma ti, que só ve pedras no camiño...


O que che sume aínda máis nunha depresión. E sin saber como atópaste na rúa con aqueles ós que o amor lles sonríe.

E pensas que guai que alguén se leve tan ben e decides ir de tendas para levantar o ánimo. Viva o espíritu consumista que o cura todo!!!


Menos a ti, que chegas á casa coa compra e sites como cada vez te fundes máis no fondo da bolsa onde ó fin e ó cabo só hai trapos.

E recurres a buscar, o que xa tiñas en amigos novos, que non teñen nada que ver contigo.

E como cada vez te sintes máis perdido recordas os vellos e non tan suxerentes, pero a fin de contas os que valen a pena.


É durante un bo espacio de tempo quedaste quieta mirando todo o que che pasou ó largo do día ata darte conta que realmente non existe causa para estar así.

E pouco a pouco baste dando conta que sigues sendo ti, xa non es de trapo senón de carne e óso, xa che apetece saír, divertirte cos teus, nada che agobia...

Volves a ser ti co teu bo sentido de humor, cos teus pasatempos , un gato sen complexos.