Decides recurrir á comida, fiel compañeira cando a moral está tan baixa, pero non che entra nada:
Entón reflexionas en temas tan filosóficos como: de onde vimos, a onde vou, que lugar ocupo no mundo???
Daste conta que non encaixas, que eres diferente, que non miras na mesma dirección que o resto, son un bicho raro???
Recurres á música, a esas cancións que sabes que che van a animar, pero nada.
Sigues estando inmerso nesa luz gris que trouxo o día sin saber que facer
Entón decides visitar a alguén divertido, que o ve todo rosa, sin problemas nin comeduras de cabeza.
Pero non resulta. E pides consello a ese que sabe de todo, e que sempre atopa solucións.
Pero como non nos suele decir o que queremos escoitar, recurres a quen sempre che dá a razón.
Pero como te das conta que non é o que necesitas buscas cousas máis novedosas, ideas máis descabelladas.
Das que finalmente non quitas nada, e solo acabas pensado está como unha chota!! E decides buscar alguén que se sinta coma ti, que só ve pedras no camiño...
O que che sume aínda máis nunha depresión. E sin saber como atópaste na rúa con aqueles ós que o amor lles sonríe.
E pensas que guai que alguén se leve tan ben e decides ir de tendas para levantar o ánimo. Viva o espíritu consumista que o cura todo!!!
Menos a ti, que chegas á casa coa compra e sites como cada vez te fundes máis no fondo da bolsa onde ó fin e ó cabo só hai trapos.
E recurres a buscar, o que xa tiñas en amigos novos, que non teñen nada que ver contigo.
E como cada vez te sintes máis perdido recordas os vellos e non tan suxerentes, pero a fin de contas os que valen a pena.
É durante un bo espacio de tempo quedaste quieta mirando todo o que che pasou ó largo do día ata darte conta que realmente non existe causa para estar así.
E pouco a pouco baste dando conta que sigues sendo ti, xa non es de trapo senón de carne e óso, xa che apetece saír, divertirte cos teus, nada che agobia...
Volves a ser ti co teu bo sentido de humor, cos teus pasatempos , un gato sen complexos.
3 comentarios:
Ten razón Mariña: sempre hai un día seguinte e se non fora por eses días escuros non podería haber rexurdimentos. Ademais eses días demostran que somos inconformistas e que temos inquedanzas, desas que ás veces nos agobian e outras veces fan que nos movamos. Que tristes seríamos se nunca tivesemos esa sensación de estar perdidas, derrotadas, agobiadas...! Querería dicir que non nos cuestionamos nada e só vemos a vida pasar.
Ollo que a entrada non a escribín porque tivera un día gris ese día, senón porque de cando en cando todo o mundo temos un día así e ademais levo tempo cas fotos estas aquí e tiña ganas de colgalas e non sabía como darlle forma á cousa.
Con respecto á canción é unhas das que suelen estar icluidas nos "Martrolas very best", é unha das miñas favoritas.
Bueno, gracias por seguirme como siempre, un blog sin entradas non é nada, así que escribide canto queirades.
Outra cousa Mariña, que pasa co teu blog? Xa hai uns días que non podo acceder a el, e tampouco ó de Adriana.
Publicar un comentario