miércoles, junio 28, 2006

Estou desexando rematar...

Estou desexando acabar os exames para dedicarme as miñas cousas


aínda me queda un exame o luns, pero porbablemente o sábado xa estea un pouco á miña bola. Como sempre a tele estará acaparada po Rita que estará

entón eu tereime que dedicar como sempre a

e cando xa vaia acabando o día poderei deitarme a unha hora prudente que xa vou boa este días de trasnoitar





miércoles, junio 14, 2006

Exame mate



I am a d10


Take the quiz at dicepool.com




Por fin pasamos o tan esperado exame de mate. A verdade é que foi un exame un tanto atípico, non as preguntas, xa sabedes a que me refiro.
Pois ben xa me diredes que tal vos saleu, eu espero aprobar, a ver se é verdade.
Mentras esperamos polas notas, completade o test que está hipervinculado á imaxe e veredes que FIGURA POLIÉDRICA sodes.
Mola a que sí, algunhas preguntas son un tanto raras.
Esto é o que me dou a min.

lunes, junio 12, 2006

Brokeback mountain



Para os que non vistes a peli, e non podedes vela estes días de exames, préstovola eu para que a vexades en 30 segundos e non perdades o tempo. Xa me diredes se vos gustou, esta é tal cal a orixinal, pero co importante, quitando toda a palla que lle meten para que a xente non proteste por pagar o que paga por ir vela ó cine. Pensade que se só durara 30 segundos a xente íase cabrear moito... Ou non??

viernes, junio 09, 2006

Un xogo

Pincha aquí

Aquí vos colgo un xogo para que rompades un pouco a cabeza.
É un test que fan os xaponeses, a idea é que o resolvan nun período non maior a 10 minutos, se o logras facer en 4 minutos, eres un xenio, asegúraste contrato indefinido e un lugar de traballo.
É como o típico xogo de pasar o lobo, a ovella e a lechuga, pero con máis individuos claro.

REGRAS: TODOS TEÑEN QUE CRUZAR O RÍO.
1-Máximo dúas persoas na balsa.
2-A nai non pode estar cos fillos sen que estea o pai porque lles pega.
3-O pai non pode estar cas fillas sen a nai porque tamén lles pega.
4-O ladrón con traxe de presidiario non pode estar con ningún membro da familia sen a presencia do policía porque tamén se pon violento
5-Únicamente poden manexar a balsa o pai, a nai e o policía.

Para poñer á xente na balsa, fai click sobre as persoas que queres trasladar.
Para mover a balsa dun lado a otro, click no poste con punta vermella.

jueves, junio 08, 2006

666


Aínda que un pouco tarde, pois a data xa foi hai 2 días , pero bueno, como xa sabedes que eu son un pouco macabrilla pois sufro o síndrome cuarto milenio.
Pois ben, nesta data fálase do nacemento do anticristo, do anxo caído, como mostra a foto.
Esta estatua atópase no parque do Retiro en Madrid, non me digades que non é unha marabilla? É a única estatua do mundo dedicada ó demo.
O seu autor, Ricardo Bellver, foi premiado por esta na Exposición Nacional de 1878.
A estatua (fonte) colocouse no 1974. Foi encargada polo duque Fernán Núñez, facendo oídos xordos ás protestas da sociedade madrileña da época, que estaba escandalizada ante a idea de levantar un monumento a Satanás. De nada serviron as maniobras dos sectores máis reacios á súa realización.Uns meses despois, o 23 de outubro dese mesmo ano, a estatua do Anxo Caído foi inaugurada.

Por certo e cambiando de tema, xa se pode ver o vídeo que está aquí debaixo, xa arreglei os problemas técnicos.

Facede un descansiño



Gopher broke on Vimeo

A estas alturas xa andamos tod@s un tanto agobiados, trasnoitando, fotocopiando apuntes, entregando traballos, acabando outros...
Pois esta é unha entrada-paréntese como o Kit-kat para que todos vos desestresedes un pouco vendo un pequeno corto.