Aínda que un pouco tarde, pois a data xa foi hai 2 días , pero bueno, como xa sabedes que eu son un pouco macabrilla pois sufro o síndrome cuarto milenio.
Pois ben, nesta data fálase do nacemento do anticristo, do anxo caído, como mostra a foto.
Esta estatua atópase no parque do Retiro en Madrid, non me digades que non é unha marabilla? É a única estatua do mundo dedicada ó demo.
O seu autor, Ricardo Bellver, foi premiado por esta na Exposición Nacional de 1878.
A estatua (fonte) colocouse no 1974. Foi encargada polo duque Fernán Núñez, facendo oídos xordos ás protestas da sociedade madrileña da época, que estaba escandalizada ante a idea de levantar un monumento a Satanás. De nada serviron as maniobras dos sectores máis reacios á súa realización.Uns meses despois, o 23 de outubro dese mesmo ano, a estatua do Anxo Caído foi inaugurada.
Por certo e cambiando de tema, xa se pode ver o vídeo que está aquí debaixo, xa arreglei os problemas técnicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario