jueves, julio 06, 2006

Moloko



Non comentei nada na entrada anterior dos resultados de liga española en Ferrol de hai dous fins de semana, pois estou pendente de que me pasen fotos para colgar.
Pois quedamos terceiras outra vez, viñemos con trofeo nós e os pequerrechiños, que xa non son tan pequenos (algún xa fixo selectivo este ano). Eles quedaron segundos, un resultado boísimo, e que dá gusto velos xogar!
O vídeo que vos colgo aquí e que tamén ides ter na barra da dereita en Vídeos é unha canción que me encanta dun grupo que non coñece todo o mundo e que se chama Moloko, o vídeo titúlase ´The time is now .
Alex xa me comentaras se che gusta, seguro que ti os controlas, non?

¿Quen son MOLOKO? Reposta: Roisin Murphy e Mark Byrdon. Moloko é unha referencia á bebida que se bebía no Karova Milk Bar de La Naranja Mecánica. Conocéronse en Shefield. Roisin, irlandesa, non cantara nunca antes en ninguna banda. Nunha festa acercouse a Byrdon (productor, arreglista e remezclador en alza) e fíxolle a pregunta que o empezaría todo: Do you like my tight sweater? A Mark non só lle gustou o xersei, senón que o inspirou para un tema que se convertiría no título do seu primeiro álbum.

Teño que reconocer, para que no digas despois, que os descubrín gracias a Angueira.

4 comentarios:

alex dijo...

para q vexas q escribo ademais de contestarte na miña blog, déixoche unha mensaxe aquí. Hoxe fun pola facultade e vin a túa nota de didáctica do galego, noraboa...Por certo, seguro q chegaches tarde ó exame de lingua española por ir a mirala, a q si?. ah! Si q coñezo a Moloko. Un bico!

marykinha dijo...

Os de Moloko non son so que cantaban a canción dance "Sing it back" ou algo asi??
Bicos

Martina Bugallo dijo...

Pois si. Foi a canción deles que máis sonou na radio.

marykinha dijo...

Jo, que be, de tódolos xeitos, creo que teñen outra canción bastante famosa, aínda que eu para o título das canción ou mesmo dos cantantes (e bandas), son un desastre!!
Bicos