viernes, septiembre 08, 2006

LEITE

Esta entrada non ven ó caso pero bueno, pero non puiden resistir a tentación de colgar esta campaña coreana para o consumo do leite entre os máis pequenos. A verdá é que é unha cucada!
Pensade pois en posibles temas alternativos que o vídeo pode suscitar:o calcio, as vacas, a cuota leiteira... Pensade neste anuncio aquí en Galicia: i . e. consumir máis SI pero producir máis NON, é millor tirar co leite, bo claro, porque o que consumimos xa non é leite.
Algunha vez tomáchedes leite de vaca sen pasar por diálisis? Non ten nada que ver co de cartón. A primeira vez que probei o de cartón dudei se realmente o quitaban da vaca...



Milk on YouTube

2 comentarios:

alex dijo...

Cando era pequena viña a leiteira a casa de meus avós e traía o leite fresquiño pola mañá. Seguro que é por iso polo que me gusta tanto o almorzo. Ademais, miña avoa facía uns biscoitos e unhas galletas con aquelas natas que estaban tremendos. E pensar que o leite de agora case nin fai nata aínda que o fervas mil veces!

marykinha dijo...

Aiss lendo os comentarios que che deixaron entranme ganas de voltar a aldea para tomar unha cunquiña de leite das vacas da veciña...
Un dos recordos que teño do meu avó materno, é indo cno el buscando o leite á casa da veciña (unha botelliña) e logo con todo o ritual de fervelo para poder facelo apto para o consumo human jejejeje de feito, de cativa non notaba tanto a diferenza, pero recordo que os meus curmáns da aldea, cando viñan a Santiago, preferian non tomar leite porque non lles sabía bem!
Bicos